Boas:
Aquí meus comentarios sobre o manual de localización.
Primeiro agradecer a todos os que participaron na súa realización pois 
penso que é unha boa ferramenta como punto de partida.

Vou aló.

Se leva o de diante en minúscula e se non en maiúscula ¿?
- Abra o menú de estilos e formatado
  Abra o menú Estilos e formatado


default traducido como: A seguir ?
curioso.

Pax. 25
utilízanse unicamente no fin do enunciado
fin neste caso non é feminino?

Pax. 30
Colocación do pronome na oracións, falta un s en na (para que o corrixa 
o encargado da redacción)

En canto ao algoritmo de tradución, eu penso que o portugues de portugal 
e de brasíl si teñen sentido ter unha atención especial, mais o español 
debería ter o mesmo trato que as restantes linguas romance (catalá, 
italiano...)

Pax. 36
Tab, eu penso que cando temos varias opcións (boas ou moi boas) 
deberíamos tratar de evitar a homonimia. Chamarlle a separator diferente 
a separador non o vexo pero a tab? se temos un monte de alternativas 
boas? e ademais xa se usaron. Dese o meu punto de vista isto é forzar de 
mais, acaso ten máis prioridade o portugues que o propio galego?

Pax. 37
Bold, eu traduciría por grosa.

Páx. 39
Se add-in e add-on teñen o mesmo significado, non será mellor traducilos 
igual? por outra banda penso que un mesmo termo pode ter traducións 
diferentes en contextos diferentes, deste xeito, poida que add-in e 
add-on case sempre se traduzan igual porque teñen o mesmo significado 
pero en determinados contextos add-in pode traducirse de outra maneira e 
add-on de outra distinta.
Véxase plugin, add-in, extensión no glosario de trasno.

Pax. 41
Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.

Pax 41. Se non for posíbel suprimir esta forma (nota para quen redacta, 
a for faltalle unha a)

Pax. 42
Edit > Editar, tamén Edit > Modificar

Relacionado co anterior, ou non. A min persoalmente gústame máis por 
exemplo Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos 
(writer, word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi... 
texto plano) Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de 
textos.

Pax. 45
Cifrar se for posíbel (nota para quen redacta, a for faltalle unha a)
procurei for no volga e non pe apareceu polo que supoño que é un erro.

saúdos

--
damufo
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20081106/cb8d36a6/attachment-0001.htm
 

Responderlle a