2008/5/14 Irene Touriño <itourinho en cesga.es>:

> Boas,
>
> Os vídeos están volcados sen edición algunha. Non se diferenciou a
> presentación do acto da charla de Xusto, e supoño que é a iso ao que te
> refires. En calquera caso imos revisar por se colgasemos de xeito
> desordenado algún dos cortes (efectivamente me comentan que si, as nosas
> desculpas. Procedemos a corrixilo na maior brevidade posible).
>
> En canto a recoller as diapositivas no vídeo asumo a que puidese ser a
> miña parte de culpa. Segundo o meu criterio estético e de composición
> visual e, dado que as presentacións xa están dispoñibles na web,


Non sabía que as presentacións tamén estaban penduradas na web. Onde
exactamente? En mancomun.org > Descargas non as encontro...  Grazas.

pensei
> que era mellor recoller só ao relator. Para a próxima vez e, se o
> considerades mellor, rexistramos coa cámara todo o espazo con pantalla
> incluida (aínda que iso supoña unha merma na calidade da imaxe).
>
> Un saúdo, Irene
>
> Leandro Regueiro escribiu:
> > 2008/5/13 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> >
> >> En canto os termine de baixar e ver nun sitio tranquilo cóntoche. O
> >> formato mentres sexa libre, non ocupe demasiado e se poida ver en
> >> todas partes váleme.
> >>
> >
> > Ola, vin case todo o vídeo de Xusto, e resulta que o final do vídeo
> > está ó comezo e o comezo real da charla está cara o minuto 38 ou así.
> > Isto a non ser que algo raro pasara cando o descarguei...
> >
> > Outra cousa, na presentación de Xusto vexo ben a primeira metade das
> > diapositivas, pero a segunda metade non se ve, ademais de ter un
> > tamaño diferente...
> >
> > Ata logo,
> >                 Leandro Regueiro
> > _______________________________________________
> > G11n mailing list
> > G11n en mancomun.org
> > http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> >
> >
>
>
> --
> Irene Touriño Eirín - Mancomun.org
> Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia
> http://www.mancomun.org
> mancomun en mancomun.org
>
> _______________________________________________
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080515/b8ff64b4/attachment-0001.htm
 

Responderlle a