suso.baleato en xunta.es escribiu:
> Boas,
> 
> Como sabedes, hai tempo promoveuse a creación dun corrector gramatical
> para OpenOffice. Diste corrector gramatical saiu unha beta e tras amañarlle
> unha serie de fallos gordos, vimos de anunciar a seguinte versión.
> 
> http://www.mancomun.org/novas/mancomun.org/correccion-de-erros-no-golfinho-o-corrector-gramatical-para-openoffic-2.html
> 
> Qué facemos co golfinho? Considerades que é un produto interesante?
> Debemos buscar outras alternativas (compatibilidade con koffice, co vim,
> co gedit... ?¿ Alguén mirou o código? Vale a pena? É unha chapuza? É
> unha obra de enxeñería lingüística? Da pena? Está pasabel? Os que o
> fixeron son os de Imaxin, que están na lista, así que eiquí non falta
> ninguén.
> 
> En fin: que é o moment de decidir qué facer con iste asunto. Este tipo de
> decisións que se viñan tomando a porta fechada vai sendo hora xa de
> extendelas ao resto da xente, que a fin de contas é a que paga cos seus
> cartos estas cousas. Eiquí hai filólogos/as, lingüístas, informáticos/as
> tradutores, voluntarios... penso que ningún lugar mellor ca iste pra
> decidir sobre este asunto.
> 
> Por concretar, personalmente gostaría, despois de todo este tempo de fase
> beta:
> 
> 1. Valoracións sobre a calidade/ideoneidade/etc do produto
> 2. Proxecións sobre por onde tirar no eido da correción gramatical
> 
Como se instala no openoffice portable?? As veces que o quixen probar 
non cheguei a facelo traballar ou saber como.

Responderlle a