Ola,

Alguén me podería iluminar sobre a seguinte dúbida? Supoño que a lista tamén
é para este tipo de cousas, aquí talvez saberedes máis sobre isto que na de
terminoloxía de Cultura Galega.

No campo do software, GUI's, etc.

Vexo que "activar" é a equivalencia de "to enable" proposta no glosario de
Mancomun e tamén a máis utilizada con diferenza nas traducións que figuran
no corpus LOGALIZA do CLUVI. Supoño que "activar" será tamén a equivalencia
de "to activate".

Alguén me pode explicar se hai algunha diferenza en inglés entre "to
activate" e "to enable" ou entre "enabled" e "active"?

Por que o verbo "habilitar" é tan pouco usado para traducir "to enable" en
galego? (só nun 18% das traducións)

Grazas, Manuel
------------ próxima parte ------------
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080714/b28c7742/attachment.htm
 

Responderlle a