óla!

Despois de tentar agardar unha resposta dos de pootle (polo da 
ferramenta web):


http://pootle.wordforge.org/languages/ > (u-lo galego?)

e dos de mozilla (para facer o rexistro do equipo de traducción)

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=288919

seguimos a agardar resposta, asi que xa e momento de poñernos co 
Thunderbird, que non se diga que non tentamos seguir os cauces normais.

Se despois nos chegan novas desta xente, ben, e se non, sempre podemos 
facer unha traducción-non oficial (para a aplicación "mozilla" si que 
respostaron)

O esquema de traballo sería o seguinte: entre varias persoas, poñernos 
a traducir o Thunderbird utilizando a aplicación Mozilla Translator .

Pensei en dividir en tres partes a estructura, eu ocupame dunha, e 
farian falta dúas persoas máis.
Ollo, que digoo como punto de partida. Se o final non hay ninguén que 
se anime a utilizar a ferramenta, pois nada, tocará a máis, e se hay 
máis xente, dividimonos o traballo en máis anacos e asi rematamos antes.

A estructura do Thunderbird e a seguinte:

root
  |
  -thunderbird
        |
        Platform neutral
                addressbook
                dom
                downloads
                extensions
                history
                layout
                mac
                messengercompose
                messenger-mapi
                messenger-smime
                migration
                plugins
                pref
                profile
                security
                unix
                update
                wallet
                webservices
                win
                xml
                xpinstall


poderiamonos dividir o traballo en tres partes .

Eu ocúpome dende "addresscompose" ata "mac". ¿alguén faise cargo das 
outras dúas? Serían dende "messengercompose" ata "profile" , e a 
derradeira dende "security" ata "xpinstall"


primeira parte

root
  |
  -thunderbird
        |
        Platform neutral
                addressbook
                dom
                downloads
                extensions
                history
                layout
                mac


segunda parte:

                messengercompose
                messenger-mapi
                messenger-smime
                migration
                plugins
                pref
                profile


terceira parte:


                security
                unix
                update
                wallet
                webservices
                win
                xml
                xpinstall


Estaría ben utilizar o glosario que xa ten feito Jacobo Tarrío (e da 
versión 0.5), para adiantar traballo e tamén coller práctica no que 
despois será so engadir a traducción das novas versións.

http://www.trasno.net/aplicacions/thunderbird/0.5/langgles.xpi

Máis, asi coma non tiven problema nengún de facer iso co Mozilla (co 
cal cando te pos a traballar xa tes parte da traducción feita), inda 
non fun quen de facelo co Thunderbird (gráciñas polo aviso das chaves, 
Xramir). Mentres que nos xuntamos, vou seguir probando,e se non nada, 
facémolo dende cero. Se alguén sabe o xeito que avise.

Os próximos días agardo a resposta, e despois todo sería asignarnos 
cada parte. O dito, mandade aviso os que vexades que manexades o 
Mozilla Translator e vos animedes coa traducción, e asi (segundo se o 
final comezamos de cero ou non) xa colgo na web o glosario parcial ou 
ben comezamos , para despois de que cada un remate sua parte, xuntamos 
os glosarios.

Se hay dúbidas de calquer cousa, non dubidedes en escribir a lista, que 
aqui estamos todos aprendendo ;-)

unha aperta

mariano



Responderlle a