Saúde xente, Sei que non estou moi activo nesta lista pro é que ando antendendo a frontes de mais. A ver se cando comecemos a traducción do Firefox me podo unir.
O que vos quería dicir nesta mensaxe está fora de tópico (¿"out of topic"? ¿fora de tema?), pero penso que vos pode interesar: Vimos de remodelar o web da CiberIrmadade da Fala, co que intentamos relanzar unha asociación que existe dende o 1996 (é polo tanto unha das mais vellas da rede galega) e que busca conseguir que empresas e institucións galegas, ou que actúan na Galiza, teñan as súas páxinas en galego. Podédeslle botar un ollo á nova CIF en: http://ciberirmandade.org E se vos animades a participar, magnífico. É doado, non consume moito tempo, e como podedes ver na sección de obxectivos conqueridos, pódense acadar resultados. Denís. ####################################### # Denís Fernández Cabrera # # Correo, Jabber: <[email protected]> # # Güeb: <http://gatonegro.co.nr> # ####################################### [ Por favor, acusa recibo. ] [ Please confirm reception. ] Mariano Grueiro disse: > Hoxa a noite publico as novidades > > unha aperta > > mariano > > El Martes, 24 mayo, 2005, a las 12:47 PM, Amador Loureiro Blanco > escribió: > >> Ola, sinto non poder respostar antes (ando algo liado) >> >> Vexo que a cousa bota finalmente a andar, así que podedes contar >> comigo (supoño que cantos máis sexamos, menos traballo para cada un) >> Estaría ben definir algun programa de datas, xa que ainda que o >> traballo sexa voluntario, era ben ter algún obxetivo temporal. >> >> Agardo entón a que Mariano estableza o grupo e reparta os traballos. >> >> Unha aperta! >> >> -- >> Amador Loureiro Blanco -dorfun- http://dorfun.bitacoras.com >> >> >> >> _______________________________________________ >> Galician mailing list >> [email protected] >> http://mozdev.org/mailman/listinfo/galician > > _______________________________________________ > Galician mailing list > [email protected] > http://mozdev.org/mailman/listinfo/galician >
