Ao final como viches desconectei e revisei (máis ou menos) igualmente.

Frco. Javier Rial escribiu:
> Perdón por non responder antes, ando bastante liadiño 
> Ese erro creo que é debido a un bug que hai no código relacionada coas 
> contas 
> IMAP.. pensei que estaría arranxado, mais aínda debe estar o problema no 
> código.
> 
> O Luns 05 Outubro 2009 14:45:58 escribiches:
>> Boas:
>> Instalei o Thunderbird e cascame.
>>
>> Add-ons: {972ce4c6-7e08-4474-a285-3208198ce6fd}:2.0
>> BuildID: 20091004033143
>> CrashTime: 1254746588
>> InstallTime: 1254746417
>> ProductName: Thunderbird
>> SecondsSinceLastCrash: 54
>> StartupTime: 1254746542
>> Theme: classic/1.0
>> Throttleable: 1
>> URL:
>> Vendor:
>> Version: 3.0pre
>>
>> Este informe tamén contén información técnica acerca do estado da
>> aplicación no momento do fallo.
>>
>> Poida que sexa pola conexión imap??
>>
>> Frco. Javier Rial escribiu:
>>> Corrixidos..
>>> http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.2/gl/rev/53c1e2c54a5e
>>>
>>> Tamén indicar que hoxe é o último día (non me lembro ata que hora, pero
>>> xa case seguro que non se poderán facer máis correccións na tradución do
>>> firefox 3.6 Beta 1 que se publicará en breve.
>>>
>>> Digo Beta 1 e resáltoo, porque despois antes da versión final volverá
>>> haber prazos para correccións.
>>>
>>> O que si me parece moi importante, é a do Thunderbird, que remata en
>>> breve, e que xa será definitiva, polo que se agradece calquera informe de
>>> erros sobre o thunderbird.
>>>
>>> Graciñas a todos polas correccións.
>>>
>>> O Sábado 03 Outubro 2009 21:20:04 lois escribiu:
>>>> Envíovos algúns erros que atopei na tradución do Firefox:
>>>>
>>>> 1-Desexa iniciar a navegación rivada?
>>>>
>>>> 2-Aparece o dialectal 'feche' nalgunha cadea. Nas demais aparece o verbo
>>>> 'Pechar'.
>>>>
>>>> 3-Aparece o termo 'computadora', nas demais cadeas escóllese o masculino
>>>> 'computador'.
>>>>
>>>> 4-Aparece o termo 'firewall', non sei se se optou por adoptar o
>>>> anglicismo para a tradución.
>>>>
>>>> Saúdos
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Mozilla mailing list
>>>> Mozilla en mancomun.org
>>>> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/mozilla
> 

Responderlle a