Dacordo, Javi. Entendo entón que a túa aportación é voluntaria e non 
laboral,
quedando desvinculado xa o CESGA da tradución de Mozilla e por tanto que non
debo esperar TMX ningún.

Polo demais as políticas que definiramos para Mancomún como liberación de 
TMX,
terminoloxía e demais cuestións relacionadas co proceso de localización, eran
funcionais cando había recursos para contratar o servizo de profesionais a 
traverso de empresas especializadas.

A situación agora cambiou: Mancomún está sendo desmantelado, xa non hai
cartos para contratar servizos profesionais nin polo que se ve tampouco para
manter ao personal contratado [1]. Toca por tanto adaptarse á nova situación
que, por certo, definiu moi ben a pasada semana o Conselleiro da Presidencia:

  "Mancomún non existe; unha cousa é Mancomún e outra a promoción do 
software 
   libre. Nós (polo PP) imos promocionar o software libre".

Apúntome mirar o tema do hg e das roldas que comentas. 

Saúdos,

--
[1] Ver orzamentos da CCAA presentados onte no Parlamento.


Frco. Javier Rial escrebeu:
> Ola:
> 
> > > > Seino ben. Pedíache o id do changeset ou o enderezo para ir máis
> > > > rápido, pero despreocúpate, xa me ocupo eu.
> 
> Oki
> 
> > > > > Sobre a memoria de tradución, eu non teño unha memoria de tradución
> > > > > actualizada, simplemente fun traducindo nos ficheiros no formato
> > > > > propio de Mozilla (dtd e properties) e indicando os distintos cambios
> > > > > coas ligazóns aos changesets nas roldas
> > > >
> > > > Sí, fun seguindo eses cambios, mais para automatizar a validación
> > > > preciso o TMX correspondente que xenerades [*] no CESGA das traducións
> > > > que fazedes. Dicídeme cano podedes enviarme o TMX actualizado e xa miro
> > > > de adaptarme.
> > > >
> > > > [*] Estou supoñendo que é unha tradución túa como traballador do 
> > > > CESGA
> > > > (ise é o remite); se non fora así, obviamente non tes ningunha obriga
> > > > de fornecer TMX ningunha, bastante fixeches con traducir todo iso.
> 
> As traducións enviadas ao repositorio de mozilla aparecen coa miña conta
> actual do CESGA porque foi a chave SSH que enviei á xente de Mozilla no seu
> día cando me dín de alta como tradutor. gustaríame que fora unha chave cun
> enderezo persoal para que fose medible como esforzo persoal voluntario, mais 
> iso implicaría un tempo de espera que imposibilitaría o traballo durante 
> algún 
> tempo e que nos impediría ter estes aplicativos localizados en galego.
> 

entendo entón que se trata de traballo voluntario teu, e que o CESGA xa non 
está
involucrado na tradución de Mozilla.

> Ademais, como quedaramos no seu día, cando eras coordinador de Mancomún,
> desde o CESGA publicariamos os TMX no momento da publicación oficial da 
> versión 
> X do produto X.. tal e como así fomos facendo nos últimos meses e así 
> seguiremos facendo.
> 
> Isto o faciamos para que a comunidade puidera verificar que realmente
> estabamos seguindo os acordos alcanzados e mantiñamos a coherencia entre
> os aplicativos.
> 


> Ademais, a xeración do TMX desde os ficheiros de Mozilla debería ser unha 
> cousa 
> trivial co translate toolkit.
> 


> Indicar tamén, que a coherencia a verificamos a man e no momento de ir 
> traducindo os distintos aplicativos, consultando a memoria de tradución 
> existente anteriormente.
> > >
> > > > > Unha pregunta: que queres dicir con proceso de validación previo ao
> > > > > opt-in, ou que/cal/como é ese proceso de validación?
> > > >
> > > > Quero dizer: fazer un testset para contrastar cuestións como
> > > > coherencia, integridade e demais que deba cumprir a tradución proposta
> > > > para concorrer ao RC. Por suposto ideas son benvidas (e scripts tamén).
> > >
> 
> O dashboard e o tinderbox de Mozilla fornece este tipo de integridade e
> verificación sobre as traducións, excepto nas cuestións de coherencia..
> Nese caso terás que fiarte do traballo da comunidade tradutora ;)
> 


> 
> Nota importante:
> Creo convinte, Suso, que como coordinador dos proxectos de mozilla e 
> openoffice, 
> tamén igual era bo que anunciaras nas roldas que no seu día se crearon en 
> Mancomún (mozilla@, openoffice@ que as roldas de coordinación para eses 
> proxectos pasan a ser outras). En gnome xa vin o aviso.
> 
> 
> Saúdos.
> Javier Rial
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a