Hoxe sae oficialmente o seamonkey 2 e estará dispoñÃbel en galego.
AÃnda non se anunciou pero xa se poden atopar os ficheiros para descarga desde os ftp de mozilla: ftp://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/seamonkey/releases/2.0/ Ademais, na rolda de google groups de mozilla animan a traducir un texto e envialo para darlle difusión: http://groups.google.com/group/mozilla.dev.l10n/browse_thread/thread/c1a92abc73e135b9# TraducÃn o texto e vai adxunto neste correo. Tamén o reenviarei a Mancomún para ver de darlle máis difusión. Saúdos. Javier Rial ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20091027/18ad692e/attachment.html> ------------ próxima parte ------------ ?O proxecto SeaMonkey de Mozilla anuncia hoxe a publicación da súa nova xeración, completamente remodelada, da suite todo-en-un de Internet: SeaMonkey 2.0, xa está dispoñÃbel para descarga gratuÃta, e xunta as ideas detrás de Netscape Communicator coa moderna plataforma de Firefox 3.5 para crear un dos produtos de código aberto máis apetecÃbeis para os usuarios avanzados de Internet. A combinación dun navegador de Internet, un cliente de correo e grupos de novas, un editor HTML, un cliente de IRC e ferramentas de desenvolvementos web, que xa ten estabelecido unha ampla base de usuarios nas súas anteriores edicións, foi reconstruÃda sobre a moderna plataforma Mozilla, incorporando, entre outras cousas, unha xestión de complementos de primeira orde. Ademais, mellorouse coa lectura de canles (incluÃndo un lector de canles RSS e Atom no compoñente de correo), unha imaxe moderna, a recuperación de separadores e xanelas do navegador despois dun peche inesperado ou reinicio, correo con separadores, actualizacións automáticas, buscas intelixentes no historial desde a barra de enderezos, un motor de JavaScript máis rápido, caracterÃsticas de HTML5 (como por exemplo, vÃdeo e tipografÃas descargábeis) e incluso a posibilidade de instalar o complemento de calendario Lightning (o cal publicará unha beta para a súa instalación en SeaMonkey 2.0 nas próximas semanas). As notas da versión inclúen unha lista máis detallada das melloras e problemas coñecidos desta nova versión, asà como os requirimentos e instrucións de instalación. ¡Descubre máis información sobre SeaMonkey 2.0 e o proxecto SeaMonkey en seamonkey-project.org!.
