En realidade non estamos eiquí criticando a ninguén, atoparaste mais cómodo
na rolda de Trasno se queres facer iso. O que estamos facendo é propoñer
alguén que me releve na coordenación oficial.

Se cadra queres asumir tí a coordenación oficial de Mozilla?

Indalecio Freiría Santos escrebeu:
> Menos mal que estabas aí para salvar todo, que sería do software libre sen
> as túas achegas.
> 
> 2010/3/2 suso <suso.baleato en gmail.com>
> 
> > Leandro Regueiro escrebeu:
> > > >> Eu non teño os coñecementos para ditas tarefas. Eu podo traducir e
> > pouco
> > > >> máis ;)
> > > >
> > > > No meu caso, curiosidade non me falta, ganas de facer cousas tampouco,
> > e
> > > > coñecementos non o sei porque tampouco sei qué tarefas exactamente hai
> > que
> > > > realizar (pero en calquera caso sempre se pode aprender, non?). Porén,
> > e que
> > > > o confirme ou desminta o resto da lista, creo que o/a coordinador/a
> > debería
> > > > ser alguén que leve máis tempo colaborando co proxecto, e con máis
> > > > intensidade, tanto por ter máis bagaxe como por ter demostrado un
> > compromiso
> > > > sólido e continuado que o/a faga merecer tal posto. Eu animo a que se
> > > > candidate xente que leva máis tempo e/ou que coñeza ben o proceso.
> > >
> > > Que eu saiba, e quizais a miña información non sexa correcta de todo,
> > > quen ten control sobre como se move a cousa e bagaxe, é quen o
> > > traduciu en Mancomun ou xente que xa o deixou e non da a impresión de
> > > querer volver, falo especificamente de Jacobo Tarrío e de Francisco
> > > Javier Rial. Outra cousa é que teñan disposición para meterse a
> > > coordinadores.
> > >
> >
> > Polo momento a única persona que logrou obter a confianza da Fundación
> > Mozilla para xestionar o que hai agora fun eu. Rial xa intentou obter a
> > coordenación, sen éxito; Jacobo deixou a tradución antes de que cambiaran
> > ao novo sistema; en canto á tradución de Mancomún procede de Imaxin.
> >
> > > > Eu isto pensábao con miras aos membros do noso grupo (galego), pero a
> > iso
> > > > acrecéntase, pois, o que di Suso, de miras á Fundación Mozilla. Se 
> > > > só
> > > > aceptan alguén de perfil técnico, pois unha razón máis en contra 
> > > > miña,
> > > > porque eu teño un perfil mixto pero veño do mundo da tradución, non 
> > > > da
> > > > informática. Voume formando (comezo un curso de localización pola UOC
> > este
> > > > mes) pero a xulgar polo que di o Suso parece que sería complicado ser
> > > > admitido como coordinador co meu perfil.
> > > >
> > > > Sobre o de asumir tarefas asociadas á coordinación, alén de traducir 
> > > > e
> > > > revisar, eu podo baleirar terminoloxía | xestionar memorias e
> > dicionarios |
> > > > facer probas con ficheiros e ferramentas | programar scripts | facer
> > > > conversións e transformacións | facer testing, etc., ou se hai outras
> > cousas
> > > > que non saiba facer pero están ao meu alcance, aprendo encantado, pero
> > pouco
> > > > a pouco. Isto dígoo para quen saiba o que hai que facer pero non se
> > > > candidate por ter medo de non poder con todo ou non ter tempo. Eu
> > axudo.
> > > >
> > > > Total, creo que teño máis prudencia que ganas.
> > > >
> > > > Unha pregunta, porque non o sei: Por canto tempo se asume o papel de
> > > > coordinador/a? Hai unha rotación periódica ou algo así?
> > >
> > > En principio ata que se farte :) Non hai ningunha regra escrita, que eu
> > saiba.
> > >
> >
> > Eu sería favorabel á idea de que houbera esa rotación periódica, mais 
> > este
> > relevo será o primeiro que teña lugar neste proxecto, co cal tampouco 
> > temos
> > tanta experiencia como para definir ese sistema. En todo caso é unha
> > decisión que asume cada quen. No meu caso asumino primeiro para resolver o
> > problema da inclusión do galego no repositorio oficial e depois para darlle
> > continuidade á tradución cando o PP comezou a desmantelar Mancomún. Unha
> > vez
> > resoltos eses problemas entendo que a miña misión chegou ao seu fin e por
> > iso
> > propoño que fagamos o relevo agora.
> >
> > Sei que puxen o listón bastante alto, pero ningún de vós vai ter que 
> > obter
> > financiación, negociar coa Xunta, contratar empresas nin xestionar personal
> > hostil como me tocou facer a min. Ademais agora pode usarse a plataforma da
> > Ciberirmandade, co cal todo é bastante mais fácil.
> >
> > Saúdos,
> >
> > --
> > http://susinho.pagina.de/
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >

> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician


-- 
http://susinho.pagina.de/

Responderlle a