Manuel Souto Pico escrebeu: > No meu caso, curiosidade non me falta, ganas de facer cousas tampouco, > e coñecementos non o sei porque tampouco sei qué tarefas exactamente > hai que realizar (pero en calquera caso sempre se pode aprender, non?). > Porén, e que o confirme ou desminta o resto da lista, creo que o/a > coordinador/a deberÃa ser alguén que leve máis tempo colaborando co > proxecto, e con máis intensidade, tanto por ter máis bagaxe como por > ter demostrado un compromiso sólido e continuado que o/a faga merecer > tal posto. Eu animo a que se candidate xente que leva máis tempo e/ou > que coñeza ben o proceso. >
Eu tamén penso que idealmente deberÃa ser asÃ; mais lembro que eu non levaba ningún tempo e o meu descoñecemento do proceso era absoluto cando asumÃn a coordenación asà que obxectivamente calquera persona desta rolda serÃa mellor candidato do que eu era cando me tocou asumir ise rol :) > > Eu isto pensábao con miras aos membros do noso grupo (galego), pero a iso > acrecéntase, pois, o que di Suso, de miras á Fundación Mozilla. Se só > aceptan alguén de perfil técnico, pois unha razón máis en contra miña, > porque eu teño un perfil mixto pero veño do mundo da tradución, non da > informática. Voume formando (comezo un curso de localización pola UOC este > mes) pero a xulgar polo que di o Suso parece que serÃa complicado ser > admitido como coordinador co meu perfil. > Se cadra non me expliquei ben. As capacidades técnicas foron importantes no seu dÃa para desbloquear o problema da integración do galego no repositorio oficial; mais unha vez que foi resolto o problema, agora o mais importante como dixen penso que é a capacidade social, comunicativa. Técnicamente só hai que aprender catro comandos para enviar as traducións ao repositorio; as dificuldades "técnicas" están mais no campo da tradución (conversións, aplicación de tmx e similares) que no da informática. En todo caso nesto último eu podo axudar. > Sobre o de asumir tarefas asociadas á coordinación, alén de traducir e > revisar, eu podo baleirar terminoloxÃa | xestionar memorias e dicionarios | > facer probas con ficheiros e ferramentas | programar scripts | facer > conversións e transformacións | facer testing, etc., ou se hai outras cousas > que non saiba facer pero están ao meu alcance, aprendo encantado, pero pouco > a pouco. Isto dÃgoo para quen saiba o que hai que facer pero non se > candidate por ter medo de non poder con todo ou non ter tempo. Eu axudo. > > Total, creo que teño máis prudencia que ganas. > Que opine o resto da xente, pero se ninguén se candidata para facelo, penso que deberÃas animarte e asumir tà a coordenación. Claramente dispós tanto dos coñecementos técnicos (lingüÃsticos) como da capacidade comunicativa que é precisa e con seguridade na Fundación Mozilla aceitarán a proposta que lle fagamos dende a rolda. Ademais non detectei que tiveras conflictos co resto da xente, mais ben todo o contrario, e iso é bastante importante tamén. En todo caso, un coordenador en fase de aprendizaxe é mellor que ningún coordenador: a miña vontade para dar o relevo é firme e non ten volta atrás. -- http://susinho.pagina.de/
