Ola, Supoño que a meirande parte de vós estaredes ao tanto disto: http://trasno.net/trasno:asociacion. Pois ben, obviamente estiven atento a tódalas valoracións que fostes emitindo aquà con respecto do asunto da coordenación do proxecto e logo de valoralo coa directiva imos propoñer algo ao respecto.
Queremos propoñer que sexa a asociación, como persoa xurÃdica que é, quen se faga cargo da coordinación do proxecto. Dende a asociación, de cada vez que fora necesario, proporiamos un coordenador que asuma contractualmente unha serie de obrigas. Isto serÃa, que cumpra a función de coordenador, que respecte o labor doutros voluntarios, que as decisións sexan imparciais e baseadas na meritocracia e no principio de calidade e excelencia da tradución; asà mesmo que asuma a obriga de abandonar o cargo cando imcumpra cos seus deberes. E como non poderÃa ser menos, a xente que traballades en Mozilla sodes os que tedes que dicir que cousas irán nese contrato ou pacto que asuma o coordenador e obviamente, quen é o coordinador. Inda que non sabemos exactamente como se xestiona isto dentro da fundación, pois estamos pendentes de recibir contestación; si sabenos que esta fórmula é posible. Entendemos que Softcatalá hai un tipo de relación coa fundación deste estilo. Como tampouco vexo que haxa unha decisión firme sobre quen debe ser o coordinador, proporei un candidato para que o meditedes. De novo, os que traballades en Mozilla sodes os que tedes que decidir. Popoño a Enrique Estevez (Keko), da OSL da USC. Ten un perfÃl técnico, que o cualifica para a tarefa, e estivo a realizar unha revisión recentemente de Mozilla, e que hai pouco vos expuxo aquÃ. No persoal é unha persoa dialogante e bastante neutral. Sobra dicir que, propoñamos un candidato ou asumamos como asociación a coordinación, non quita de que os que queirades sigades a traballar no proxecto e sexades os que marquedes as pautas de traballo. O noso papel serÃa meramente burocrático. Atentamente, Miguel Branco Pres. Asociación Proxecto Trasno ------------ próxima parte ------------ Borrouse un anexo en formato HTML... URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100312/3389d245/attachment.html>
