Ola a tod en s. Son keko, o novo coordinador do equipo galego de tradución dos produtos de Mozilla.
Suso Baleato, o anterior coordinador xa me presentou na rolda como poidestes ver. Estou a espera de contestarlles porque me estaba a ler toda a documentación para saber por onde comezar e xa aproveitar para pedir o que necesite deles. Non sei exactamente cal é o proceso que seguÃa o anterior coordinador e o seu equipo para realizar as traducións. Eu levo pedido que mo expliquen pero por agora non tivemos tempo para quedar, asà que vou investigando e hai máis dunha posibilidade. Soamente lle estou prestando atención a dúas: 1. Descargar todo o repositorio dos produtos de Mozilla. Converter os ficheiros de tradución a .po e traducir. Facer as probas técnicas mediante un script que teñen e cando teña permiso reimitir todo ao seu repositorio (pero antes teño que pedir conta). 2. Traducir mediante web, teñen unha especie de Pootle chamado Narro. Pensei que xa non o empregaban xa que fai un ano que non sacan nova versión do mesmo e o blog do proxecto tampouco volveu a ter novas entradas contando os seus progresos. Esta fin de semana un grupo de Aragón solicitou traducir desde ahà e xa lle activaron a conta. Como coordinador gustarÃame máis a primeira opción xa que asà podo levar un control máis exacto de todo e podemos traballar en local. TerÃa que dividir os ficheiros a traducir entre aqueles que queiran participar e cando os rematedes nun tempo prefixado por todos, realizar un revisión para comprobar que se siguen os mesmos criterios, polo menos en canto se refire ao estilo que apliquemos. Pasar corrector ortográfico e detección de falsos amigos. A outra opción serÃa pedir que nos activen a tradución mediante web e acabarÃanse moitos problemas que podemos ter relacionados coa parte técnica. Vou copiar este correo a Suso por se el sabe algo con respecto a tradución mediante Narro que desaconselle o seu uso, pero visto o visto non deberÃa ser asÃ. Tamén vos podo decir que Suso xa cambiou os datos aquÃ: https://wiki.mozilla.org/L10n:Teams:gl Eu xa me rexistrei na wiki de Mozilla e tamén no Bugzilla. Aparte dos dous grupos de mozilla.dev que me indicaron cando Suso me presentou. Soamente me falta realizar a miña presentación e pedirlles axuda no mÃnimo para comezar a traballar xa. Espero as vosas respostas xa, urxe mover isto. Un saúdo.
