Boas.

Si, non temos traducións para esas páxinas polo de agora.

Eu estaba pensando solicitar a tradución desas páxinas pero primeiro
teño que saber a carga de traballo que teñen e o número total delas. A
miña impresión é que a xente que levaba ata agora Mozilla soamente
traduciu as páxinas que eran imprescindibles para ter versión oficial
dos produtos en galego,  que senón as traduces non podes ter dita
versión. Polo que é unha tarefa que teño anotado na miña axenda, pero
que terá que esperar. A ver se conseguimos que o Firefox 4 sae en
galego no próximo mes e pómonos con eso.

Un saúdo.

2011/1/20 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> Ola,
>
> estaba navegando polo portal de Mozilla e visitándoa en distintos idiomas
> para comprobar as diferenzas/semellanzas e descubrín que cando cambias a un
> idioma europeu, a páxina redirecciona a http://www.mozilla-europe.org e cal
> é a minha sorpresa ao comprobar que no menú dos idiomas non aparece o
> galego...
>
> Pareceume un pouco extranho, pois se estamos
> http://www.mozilla.com/gl/firefox/ deberamos estar tamén na europea.
>
> Alguén se decatara disto antes??
>
> David
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a