Boas a todos.

Estes días estiven enviando aos repositorios oficiais as traducións
dos produtos mozilla que estaban feitas en Narro, pero aínda non
rematei, destas aínda quedan Fennec e Weave (Firefox sync). A ver se
volvo a falar cos de mozilla, para saber como traballar con esas ramas
do repositorio.

Podedes comprobar que as diferentes versións de firefox e thunderbird
xa están ok. Teño que probar a última versión do Thunderbird, para ver
como quedou.

https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl

Teño pendente de falar coa xente de mozdev a través do irc para
preguntarlles como podemos facer para anovar o sitio web que temos con
eles.

Un saúdo.

Responderlle a