Ola.

Eu estiven facendo probas do que comentas, coa versión 4 para Ubuntu,
coa da páxina de descarga, a cal descomprimín e lancei manualmente e
todo o que contas, vai ben.

Puiden borrar o cartafol "Lates Headlines".
Puiden marcar enderezos coa estrela e eliminalos.
Tamén me funciona a biblioteca de marcadores, que agora se abre a
través do Menú marcadores e o elemento Mostrar todos os marcadores.
Puiden crear marcadores e cartafoles, e eliminalos.

Dános máis información.

Un saúdo.


2011/3/23 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> Boas!
>
> A medida que fuchico co novo FF4 vou atopando algún que outro bug
> (bastante grandes). Non sei como vai isto, pero estaría ben ir
> xuntando os erros e ver se son cousa da versión en galego, da versión
> para Linux ou da instalación.
>
> Anexo van as seguintes capturas de pantalla:
>
> - Non podo borrar "Latest Headlines" nin marcar enderezos ca estrela
> da Awesome Bar.
> - Non podo crear marcadores
> - Non podo crear cartafois de marcadores
> - Tampouco furrula a Biblioteca de marcadores
>
> Un saúdo,
> ifrit
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>

Responderlle a