Boas.

Desde Mozilla solicitan información do equipo galego. Por agora só
cubrín os datos que vedes na seguinte ligazón. Xa lles comuniquei que
era unha actualización parcial, que estaba por acabar de recoller esa
información.

https://wiki.mozilla.org/L10n:Teams:gl

Quen da rolda se quere implicar un pouquiño máis e aparecer ahí. Polo
traballo realizado nos últimos meses, ifrit podería aparecer, se lle
apetece por que está levando o tema do marketing (conta de twitter e
facebook) se non lembro mal.

Na última petición de colaboración, dúas persoas axudaron a traducir
dous proxectos web, co que os podería meter como tradutores, pero a
colaboración tería que manterse, xa que se precisa axuda.

Aproveito a mensaxe para saber quenes estades dispostos a dar un paso
adiante e axudar coa localización de mozilla, é dicir, comprometerse a
facer cousas regularmente para abarcar máis proxectos e obter unha
maior calidade nas traducións.

Saúdos.

Responderlle a