Grazas Enrique.
Interesante o do realce dos atallos.

En 23/05/2012 0:10, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Ola.
>
> Onte desde Mozilla abriron un bug para informar de que tiñamos
> problemas cos atallos de teclado na tradución de Firefox. Non era nada
> novo que non soupera e ata que non se comunicara nalgún correo, pero
> bueno, dentro do que cabe non era o máis importante ata que nos deron
> o toque de atención.
>
> Bug 757088 - Multiple access keys used in preferences dialog for gl locale
> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=757088
>
> Púxenme co asunto e en 2 horas conseguín solucionalo ou iso tentei.
> Agora xa sei unha nova cousa máis e ata me explicou como podía
> comprobalo no propio bug cando me contestaron de volta.
>
> Foi así, así. Hai que instalar o complemento Mozmill Crowd e executalo
> co test de l10n.
> (https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/mozmill-crowd/) Non
> consigo que me funcione sempre pero ás veces vai e sorprendeume,
> porque ata che realiza capturas de pantalla cos erros en galego. Cando
> o solucionei foi de forma manual e bastante tosca, pero que se alguen
> está interesado, pois na próxima Trasnada cóntollo. Anexo as capturas
> de pantalla, para que as poidades ver. Vou anexar un par delas e así
> pódense ver directamente no correo sen ter que descargar o ficheiro
> comprimido.
>
> Como sempre digo, espero poder documentar todo isto, para que queda
> ahí para a comunidade e para o próximo coordinador do equipo.
>
> O problema só está solucionado na versión da rama de desenvolvemento
> mozilla-central, é dicir, Firefox 15, o que eles chaman nightly. Nos
> próximos días terei que solucionalo nas outras dúas ramas,
> mozilla-aurora e mozilla-beta, é dicir, Firefox 14 e Firefox 13
> respectivamente.
>
> Saúdos.
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a