Ola.

Agora que teño tempo de novo estiven a actualizar as traducións de
Mozilla. Hai moito que facer aínda, pero bueno, a ver se atopamos un
voluntario que queira coller o relevo e pór orde na comunidade, xa que
eu non o conseguín, non tiven tempo. Pero entre tanto, hai que avanzar
na tradución.

No firefox, tanto para a versión de escritorio como de móbiles, están
usando o seguinte:

Use Pinning terminology for customizing about:home.

Pin this site at its current position - Fixar este sitio na posición actual
Unpin this site - Quitar este sitio
Pin Site - Fixar sitio
Unpin site - Quitar sitio
Pin Tab  - Fixar lapela
Unpin Tab - Eliminar lapela fixa
Unpin All - Quitar todo
Pinned - Anclados

Eu traducín polo que vedes. Non teño moi claro o contexto, pero penso
que debe ser unha páxina na que podes fixar os marcadores ou sitios
favoritos e acceder á mesma para ir as esas páxinas ou sitios de forma
fácil e visual. Na páxina que aparece a primeira cadea, a icona que
ves ten como unha chincheta, e no tooltip sae o texto Pin this site at
its current position.

A ver que suxerides para unificar a terminoloxía en todas as cadeas.

Saúdos.
_______________________________________________
Galician mailing list
Galician@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a