gracies jardi, afegit!
On 11/09/2025 14:02, Jardi Nero wrote:
*Sobre o Hackmeeting*
O Hackmeeting é un espazo autoxestionado do encontro onde compartillar
inquietudes tecno-políticas.
Dende o primeiro encontro en 1998 ata hoxe, foi un espazo para que a
xente con ou sen coñecementos técnicos puidese atoparse, propoñer
dúbidas, xerar debates ou compartir coñecementos nun entorno onde o
social e a tecnoloxía son as protagonistas.
*Manifesto HackMeeting 2025 “AragOff”*
**/¡Non é seca, é saqueo!/
//Vintecinco anos, ou ditro doutro xeito: un cuarto de século, é o
tempo transcorrido dende o primeiro Hackmeeting. Un evento que se ven
celebrando cada ano dende o 2000 polo que pasaron varias xeracións de
hackers, só interrompido pola pandemia do 2020. Nesta ocasión volvemos
ó mesmo lugar no que se celebróu o Hackmeeting de 2010, o CSO Kike Mur
en Zaragoza.
As multinacionáis e as institucións están a expoliar a nosa terra e
enchéndao de centros de datos para o seu propio beneficio. As
macrogranxas de servidores están a roubarnos a pouca auga potable que
as macrogranxas de porcos non conseguiron contaminar con purines.
AragOff nace do desexo colectivo de parar esta ofensiva; é a chamada á
nosa terra por recupera-la soberanóa sobre as nosas ferramentas e
infraestructuras dixitáis. No 1936, o Consello de Aragón establecéu
que as terras foran cultivadas e administradas polos labregos, do
mesmo xeito, nós queremos unhas infraestructuras cultivadas e
administradas pola xente.
Fronte á narrativa corporativa que presenta os centros de datos coma
“unha nube”, nós sabemos que a nube non existe, só son os ordenadores
de outres. Como moi ben documentóu o colectivo Tu Nube Seca Mi Río, o
consumo de auga destes centros de datos é astronómico. Un centro de
datos promedio consome o mesmo que unha cidade de alrededor de 40000
habitantes. ChatGPT consome medio litro de auga por cada 100 palabras
que xera. Google reportóu que no ano 2021 tódo-llos seus centros de
datos consumiran o 10% do que consome o estado español nun ano, e esta
cifra segue en aumento. Isto é aberrante nunha situación de secas cada
vegada máis frecuentes e inclementes, con cada vegada máis ríos
contaminados en todo o mundo. En definitiva, é imprescindíbel defensar
a auga dos nosos territorios dos ataques das grandes tecnolóxicas.
Detrás de todo estropicio están os sospeitosos habituáis: Amazon,
Blackstone, Microsoft... Mas tamén foron sumándose ó carro empresas ca
etiqueta “green” que lonxe de pesquisar solucións máis sostibles só
buscan o beneficio económico, coma Box2Bit e Bester. E como vén sendo
cotiá, contan co apoio do goberno de Aragón, o goberno de españa e o
estado.
Nós imaxinamos pequenos centros de datos administrados pola xente que
os usa. Dende os primeiros hacklabs e servidores radicáis ata as
actuáis redes sociáis libres e federadas, creamos un ciberespazo
antagonista que non depende das megacorporacións. Entre os nosos
moitos referentes atópanse Sindominio e Austici, que proveen de contas
e listas de correo, almacenamento en liña, chats, pads, aloxamentos de
páxinas web... Todo isto de software libre. O Fediverso, ou a rede de
redes sociáis libres, conta con iniciativas colectivas que respetan a
nosa axencia e privacidade. Todo este ciberespazo antagonista
construímolo de xeito autoxestionado e horizontal.
Unha das nosas propostas é seguir sementando unha rede de nodos
autónomos de baixo consumo. Pequenos servidores alimentados ca enerxía
de panéis solares, conectadoes entre si por enlaces de radio e fibra
óptica comunitaria. Non precisas dos seus datacenters faraónicos. Con
hardware reciclado e moita intelixencia colectiva, podemos crear unha
internet que non sexa regada con auga dos nosos ríos, senón ca suor
das nosas frontes e a enerxía do noso sol.
Este Hackmeeting é unha oportunidade para seguir construíndo
alternativas ós macro centros de datos. Para seguir impulsando
infraestructuras autogestionadas. Para programar as nosas ferramentas
de software libe baixo os principios da privacidade e o ecoloxismo.
Reunímonos en Aragón para decir “NON” a estes macro-proxectos
extractivos a tantos nivéis. Por iso, convocamos a todo o mundo o
venres 27 de setembro en Zaragoza para berrar xuntes: ¡Non é seca, é
saqueo!
“/Queremos auguiña pra beber, auga que limpe as rúas, auga pra poder
vivir”/
/-Ixo Rai/
_______________________________________________
HackMeeting mailing list
[email protected]
https://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting
_______________________________________________
HackMeeting mailing list
[email protected]
https://listas.sindominio.net/mailman/listinfo/hackmeeting