Este Martes 11 de Maio, dentro do Ciclo “III Encontro Cidade da Coruña: A Viaxe na literatura” o escritor Alberto Manguel, autor entre outras obras de “Una historia de la lectura”, libro de cabeceira no mundo da lectura e das bibliotecas, impartirá a conferencia “O camiño da lectura” ás 20 horas na Real Academia Galega onde poderemos desfrutar da súa paixon pola lectura, unha afición que lle levou a ser lector persoal de Jorge Luis Borges na Arxentina cando éste, na sua vellez, xa non era quen de ler por si mesmo.
Posuidor de varios premios e distincions como o de Officier de l’Ordre des Arts et des Lettres (Francia, 2004), e Premio Germán Sánchez Ruipérez (España, 2002) pola sua crítica literaria e o Prix Roger Caillois (Francia, 2004), Manguel é un convencido defensor de que a lectura é un acto de rebeldía e por tanto unha decisión persoal e instransferible: “El amor por la lectura es algo que se aprende pero no se enseña. De la misma forma que nadie puede obligarnos a enamorarnos, nadie puede obligarnos a amar un libro. Son cosas que ocurren por razones misteriosas, pero de lo que sí estoy convencido es que a cada uno de nosotros hay un libro que nos espera. En algún lugar de la biblioteca hay una página que ha sido escrita para nosotros". -- ------------------ Catuxa Seoane http://catuxa.googlepages.com Documentalista Deakialli DocuMental (http://www.deakialli.com) :: Bitácora sobre biblioteconomía, AI y recuperación de información ---------------------------------------------------- Los artículos de IWETEL son distribuidos gracias al apoyo y colaboración técnica de RedIRIS - Red Académica española - (http://www.rediris.es) ----------------------------------------------------
