A RAG acaba de facer públicos os orzamentos, por chamarlle algo

«Nos documentos que adxuntamos máis abaixo ofrecemos os orzamentos da
Real Academia Galega presentados ao Plenario desta institución para a
súa aprobación.»

http://www.realacademiagalega.org/novas/-/asset_publisher/E4jf/content/presentacion-dos-orzamentos-da-real-academia-galega?redirect=http%3A%2F%2Fwww.realacademiagalega.org%2Fnovas%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_E4jf%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D2

Se estes son os documentos que lle presentaron ao Pleno para aprobar
non me estraña que houbese quen pensaba que lle estaban a tomar o
pelo.

P.S.
Parécevos norma unha ligazón semellante para un web de 100.000 euros?

2013/3/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Ben, se todo o que hai son cartos, por fin podo saber algo concreto. Eu
> tamén comparto o teu enfado pero xusto polo que non son cartos, para min a
> Academia o único que ten/tivo é o seu capital simbólico. Para facer o que
> están facendo con el era mellor que non existise. Se vas dar unha batalla
> polo status da lingua non podes utilizar a bandeira para tapar un vergoñento
> asunto de nepotismo, co que te convirtes na mellor arma do contrario.
>
> =====
>
> «Despois da petición formal na última reunión das contas detalladas da
> institución, a convocatoria incorpora documentación co orzamento do 2013,
> que ascenderá a 976.945 euros, e coa liquidación das contas do ano pasado,
> cuns gastos totais de 1.258.654 euros, que deberán ser aprobados polo
> plenario.
>
> Posta en marcha da web
>
> No pasado exercicio a partida máis elevada do gasto foi a de persoal
> (724.369 euros), que este ano será de 707.636 euros. No 2012 a posta en
> marcha da renovada páxina web da Real Academia Galega supuxo un desembolso
> de máis de 100.000 euros, mentres que os actos polo 50.º aniversario do Día
> das Letras Galegas tiveron un custo duns 25.000 euros.»
>
> http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/03/08/ferrin-formalizara-dia-13-sua-renuncia-a-presidencia-a-rag/0003_201303G8P33991.htm
>
>
>
> 2013/2/25 mvillarino <mvillar...@kde-espana.es>
>>
>> 2013/2/25 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>> >
>> > Non é para irse rezar a un claustro, obviamente
>> >
>> >
>> > http://galiciaconfidencial.com/nova/13382.html?utm_source=dlvr.it&utm_medium=twitter
>> >
>> > Sei que non temos nada que ver coa RAG pero é evidente que tamén aí hai
>> > un
>> > fondísimo problema e que traerá consecuencias inmediatas en materia de
>> > lingua.
>>
>> Problema? A cona é cona, o carallo, carallo, e o CCG,ILG e RAG,
>> cartos, cartos, cartos, ou sendo benevolentes, comercio, bebercio e
>> comenencia. Os cartos éche o que teñen: traen "amigos".
>>
>> O que ha saír de aquí? A bóla de cristal dime que orellas agachadas...
>> e a intuición que tan mau é usar a língua na política como no
>> moedeiro. Nada, que nuns meses o que diga o poder político será
>> sancionado polo poder*  lingüístico.
>>
>> (*) Autoridade ? Non, non a teñen. Que o poña nun decreto non llela
>> deu nin llela ha dar.
>>
>>
>>
>> Que vaia ben.
>> Marce
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> proxe...@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a