Ola,
Estaba pensando en presentar un proxecto para o GSoC que estivera baseado
en melloras a Gtranslator.

Coñezo o programa e useino sobretodo o ano pasado para facer algunhas
traducións para Gnome. Mais penso que vos podedes ter mellor idea do que se
pode e se debe mellorar do programa. E preguntábame se poderíasdes botarme
unha man indicándome que cousas pensades vos que se deberían mellorar con
maior prioridade ou que cousas botades máis de menos como usuarios de
Gtranslator.

Entre o uso que lle din eu e algun vistazo que lle botei ao bugzilla
ocurriuseme o seguinte:

   - Soporte de memorias de tradución en formatos diferentes ao .po. Como
   por exemplo TBX.
   - Integración de pology con Gtranslator.
   - Algún tipo de opción que busque cadeas similares no propio documento e
   as integre (ou non) co resultado da busca da memoria de tradución.

A ver se me podedes axudar con máis ideas ou opinar sobre as anteriores.

Un saúdo.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a