2013/3/18 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> Pois eu tiro de Lokalize para todo. Supoño que o día que me moleste en
> serio a falta de funcionalidades, en vez de pasarme a outro verei de
> aplicar esas funcionalidades eu mesmo :)
>
> O Luns, 18 de Marzo de 2013 12:01:32 Leandro Regueiro escribiu:
> > Ola,
> > hai un anaco Marce enviou unha mensaxe comentando que parecía que os
> > usuarios de Gtranslator non se animan a achegar propostas para
> > melloralo, e viume a dúbida de se realmente hai moita xente que o
> > emprega. Así que, que programas adoitades empregar para traducir? E
> > con que frecuencia o empregades?
> >
> >
> > Eu uso Virtaal case sempre porque ten memorias de tradución,
> > terminoloxía, etc, aínda que adoece de xestor de proxectos, algo que o
> > certo é que eu non uso. Para revisar as traducións (ollo, que xa as
> > vou revisando a medida que traduzo no Virtaal) emprego Pology e
> > Lokalize, debido a que Pology só se integra con este editor, que se
> > tivera integración con Virtaal non empregaría Lokalize. Se teño que
> > abrir un ficheiro rápido para consultalo ou para facer unha tradución
> > puntual emprego Poedit que me carga máis rápido que os demais. Todo
> > isto para formato PO, así que se teño que traducir outro formato
> > emprego os conversores do Translate Toolkit para converter a PO para
> > traducir.
> >
> > Deica
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@roldas.trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@roldas.trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>

Pola miña parte, maiormente Virtaal e ás veces QtLinguist (pola axuda de
ver a interface na que van as cadeas)


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a