Eu tamén Virtaal e algo o OmegaT pero maiormente ferramentas en liña
(Pootle, Transifex, Weblate, etc)


2013/3/18 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> 2013/3/18 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>
>> Pois eu tiro de Lokalize para todo. Supoño que o día que me moleste en
>> serio a falta de funcionalidades, en vez de pasarme a outro verei de aplicar
>> esas funcionalidades eu mesmo :)
>>
>> O Luns, 18 de Marzo de 2013 12:01:32 Leandro Regueiro escribiu:
>> > Ola,
>> > hai un anaco Marce enviou unha mensaxe comentando que parecía que os
>> > usuarios de Gtranslator non se animan a achegar propostas para
>> > melloralo, e viume a dúbida de se realmente hai moita xente que o
>> > emprega. Así que, que programas adoitades empregar para traducir? E
>> > con que frecuencia o empregades?
>> >
>> >
>> > Eu uso Virtaal case sempre porque ten memorias de tradución,
>> > terminoloxía, etc, aínda que adoece de xestor de proxectos, algo que o
>> > certo é que eu non uso. Para revisar as traducións (ollo, que xa as
>> > vou revisando a medida que traduzo no Virtaal) emprego Pology e
>> > Lokalize, debido a que Pology só se integra con este editor, que se
>> > tivera integración con Virtaal non empregaría Lokalize. Se teño que
>> > abrir un ficheiro rápido para consultalo ou para facer unha tradución
>> > puntual emprego Poedit que me carga máis rápido que os demais. Todo
>> > isto para formato PO, así que se teño que traducir outro formato
>> > emprego os conversores do Translate Toolkit para converter a PO para
>> > traducir.
>> >
>> > Deica
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@roldas.trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@roldas.trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> Pola miña parte, maiormente Virtaal e ás veces QtLinguist (pola axuda de ver
> a interface na que van as cadeas)
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@roldas.trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a