Ola.

Eu sempre que podo uso OmegaT, xa que me permite traducir todo tipo de
ficheiros. Ademáis está en constante evolución, non paran de
desenvolver cousas. Admite glosarios en tbx e memorias en tmx, ademáis
de estar integrado con algúns tradutores automáticos, e tamén permite
o uso de scripts personalizados para aumentar a produtividade (nunca
usei esta funcionalidade).

Saúdos.

2013/3/18 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> On Lun 18 Mar 2013 12:33:49 CET, Antón Méixome wrote:
>>
>> Eu tamén Virtaal e algo o OmegaT pero maiormente ferramentas en liña
>> (Pootle, Transifex, Weblate, etc)
>>
>>
>> 2013/3/18 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>>
>>> 2013/3/18 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>>>
>>>>
>>>> Pois eu tiro de Lokalize para todo. Supoño que o día que me moleste en
>>>> serio a falta de funcionalidades, en vez de pasarme a outro verei de
>>>> aplicar
>>>> esas funcionalidades eu mesmo :)
>>>>
>>>> O Luns, 18 de Marzo de 2013 12:01:32 Leandro Regueiro escribiu:
>>>>>
>>>>> Ola,
>>>>> hai un anaco Marce enviou unha mensaxe comentando que parecía que os
>>>>> usuarios de Gtranslator non se animan a achegar propostas para
>>>>> melloralo, e viume a dúbida de se realmente hai moita xente que o
>>>>> emprega. Así que, que programas adoitades empregar para traducir? E
>>>>> con que frecuencia o empregades?
>>>>>
>>>>>
>>>>> Eu uso Virtaal case sempre porque ten memorias de tradución,
>>>>> terminoloxía, etc, aínda que adoece de xestor de proxectos, algo que o
>>>>> certo é que eu non uso. Para revisar as traducións (ollo, que xa as
>>>>> vou revisando a medida que traduzo no Virtaal) emprego Pology e
>>>>> Lokalize, debido a que Pology só se integra con este editor, que se
>>>>> tivera integración con Virtaal non empregaría Lokalize. Se teño que
>>>>> abrir un ficheiro rápido para consultalo ou para facer unha tradución
>>>>> puntual emprego Poedit que me carga máis rápido que os demais. Todo
>>>>> isto para formato PO, así que se teño que traducir outro formato
>>>>> emprego os conversores do Translate Toolkit para converter a PO para
>>>>> traducir.
>>>>>
>>>>> Deica
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto@roldas.trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@roldas.trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>>
>>> Pola miña parte, maiormente Virtaal e ás veces QtLinguist (pola axuda de
>>> ver
>>> a interface na que van as cadeas)
>>>
>>>
>>> --
>>> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
>>> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
>>> http://galpon.org
>>> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
>>> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@roldas.trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@roldas.trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> Virtaal
>
> --
> Fran Dieguez
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@roldas.trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a