Ola rapaces,

o día 29 publícase GNOME 3.8, do cal estamos moi orguiosos da calidade que se acadou.

Desta vez contamos ademais da interface e documentación de usuario completamente en galego, tamén contamos con unha guía de inicio rápido para novos usuarios, con vídeos e pequenos titoriais para quen usa GNOME por primeira vez namentres podes configurar as contas en liña que queiras.

Estamos traducindo tamén as notas de publicación e dando os últimos toques á tradución da documentación de usuario, se alguén se anima a corrixir calquera elemento que me responda por aquí.

https://help.gnome.org/misc/release-notes/3.8/
username: gnome
password: ftw

Saúdos
--
Fran Dieguez
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@roldas.trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responder a