Ola.
A min gústame especialmente o tema da tipografía, por mor de que os pais do
meu mellor amigo dende a mocidade tiñan unha imprenta na que de mocete
argallei moito e quedoume o verme da cousa esa :-)

Para min o mellor espazo de consulta é a páxina
http://www.unostiposduros.com/, a pesares de ser en castelán, tendo en
conta que a tipografía en galicia sempre estivo supeditada á española
sempre escoitei os termos, ou ben, en castelan ou simplemente
adaptado/transliterado.

caja alta → caixa alta
caja baja → caixa baixa
hombro → hombtro (e non hombreiro)
etc.

En canto teña un momento bótolle un ollo a ver se podo facer algunha
suxestión.

O 02:14 do 7 de marzo de 2018, Antón Méixome <cert...@certima.net>
escribiu:

> É un campo de terminoloxía moi complicada porque a tipografía é máis un
> arte que ciencia ou técnica. Quero dicir que as palabras derivan máis dunha
> tradición humanística moi condicionada pola propia cultura, historia,
> industria, persoeiros, etc. Isto significa que os termos en inglés poden
> non ter realmente correspondencia tradicional (o que nos levaría a deixar
> as denominacións sen traducir) e ademais estou seguro que aquí hai moitas
> "innovacións" facilitadas pola dixitalización e o traballo dos deseñadores,
> que non existiron ata agora, son neoloxismos. Hai de todo, palabras
> inventadas, compostas, frases descritivas, marcas, nomes, etc.
>
> Pero por outro lado, estudando o tema atopariamos equivalentes, seguro. O
> malo é que levaría moooito tempo facer algo sistemático. De feito a
> Galipedia está en esqueleto neste tema. Aquí deixo un exemplo en español
> desta perspectiva
>
> https://tiposformales.files.wordpress.com/2015/05/tipos_formales_libro.pdf
>
> En galego o mellor que coñezo para documentarse é  "Do orixinal ao libro"
> de Juan L. Branco Valdés. Ed. Xerais. ao que lle botei unha ollada rápida
> a ver se viñan eses termos en inglés e ... non.
>
> Outro moi interesante sen pretendelo é este
> Pequeño Diccionario del Diseñador
> <http://losqueno.com/wp-content/uploads/2015/04/DICCIONARIO-DISE--O.pdf>
>
> Por exemplo, penso
>
> Stretching... Descomposición de glifo estirada
> Math... Estilo de guión alternativo para matemáticas
> Quarter.. Guións cuarteados/terciados
> Unicase... Caixa única, Unicameral
>
> O ficheiro que hai que traducir, mireino, e non o vexo demasiado extremo,
> podes saír bastante ben porque a maioría dos problemas xa están resoltos.
>
> Antón
>
> ...
>
>
>
>
>
>
> 2018-03-07 0:29 GMT+01:00 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>:
>
>> Hola,
>>
>> en gnome-font-viewer meteron compatibilidade para certas características
>> dos tipos de letra que sinceramente descoñecía como funcionaban e menos
>> como traducilas.
>>
>> Como referencia atopei esta páxina https://helpx.adobe.com
>> /typekit/using/open-type-syntax.html con exemplos para cada unha das
>> características.
>>
>> Entre as que hai están:
>> Quarter Widths https://helpx.adobe.com/typekit/using/open-type-synta
>> x.html#qwid
>> Math script style alternates
>> Stretching Glyph Decomposition
>> Third Widths
>> Unicase
>>
>> Podedes ver o ficheiro de tradución na seguinte ligazón
>> https://l10n.gnome.org/vertimus/gnome-font-viewer/master/po/gl
>>
>> Alguén pode ofrecer algo de luz neste tema.
>>
>> Saúdos.
>>
>> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
>> - Desubscribirse  no URL: 
>> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=864&h=5c6e8bc3df52c0e1fa3ee32daf320aceee5ad590&sa=363605619
>>
>>
>
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
>  - correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
> - Desubscribirse  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=870&h=bbd91b3d5af3cca58a862b879f932ea77093a20e&sa=1526535308
>
>


-- 
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.gal
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Desubscribirse no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=887&h=d1ddef9fb01595b4759dd8de90aba95e800bf786&sa=1530266443

Reply via email to