Supoño que, se cadra, o primeiro sería definir quen vai ser o admin do pootle.

Vaia por diante que non teño nin idea de como funciona/se
administra/se leva un pootle.

Dito isto: voluntarios?



2010/5/25 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> Como en admin non teño resposta, vai pola xeral.
>
> (Iso si, co das chaves hai unha alternativa mellor)
>
>
> ---------- Forwarded message ----------
> From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
> Date: 2010/5/25
> Subject: [pootle][kde] comezamos
> To: ad...@trasno.net
>
>
> Bon día:
>
> estiven documentándome acerca de como facer o de kde: svn+ssh +
> cron/at + pootle.
>
> A mellor documentación que achei son:
> http://gustavonarea.net/blog/topics/howtos/
> e
> http://translate.sourceforge.net/wiki/pootle/version_control
>
> En esencia: hai que meterse mediante shell a facer a obtención
> inicial, e é recomendábel facer unha automaticamente cada día,
> mediante «at» ou «cron».
>
> Tamén é recomendábel non ter que meter seguido o contrasinal da chave ssh.
>
> No seu día, mediante un par de scripts, teño simplificado as
> operacións estas, incluída a de non meter seguido o contrasinal, polo
> que nese sentido pouco habería que facer.
>
> Penso que para facer a tradución de kde -mainstream- mediante unha
> copia local en trasno quedan pendentes estas cousas:
>
> a) Comprobar que a estrutura dos cartafoles e ficheiros é compatíbel
> con trasno; tirar do anonsvn para isto.
> b) Pasarvos a miña chave ssh en kde, para que a empregue pootle nos commits
> c) Facer a obtención dos ficheiros
> d) Configurar o que haxa que configurar no pootle para ter o proxecto
> dispoñíbel.
>
> e) Preparar os scripts de commit automático diario (ás 00:30 h). Os
> que aparecen na primeira ligazón son naif para seren correctos (en
> concreto, non xestiona as adicións de ficheiros, nin o que facer no
> caso de apareceren conflitos entre a copia local e head)
>
> Que fago agora? Preciso de asistencia.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a