2010/5/25 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>
2010/5/25 damufo <dam...@gmail.com>:
>
>
> En 2010/05/25 17:09, José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>>
>> 2010/5/25 Leandro Regueiro<leandro.regue...@gmail.com>:
>>
>>>
>>> Sinceramente pregúntalle aos desenvolvedores. E se ves que tal
>>> pídelles que poñan comentarios para os tradutores e que se poden 
poñan
>>> frases máis fáciles de entender.
>>
>> Debo dicir que, despois de ler a explicación que escribín onte,
>> atópolle máis sentido á cousa. O de poñer o razoamento por escrito
>> axudoume bastante. Parece que manter a estrutura da frase inglesa na
>> cabeza e darlle voltas para poñela en cristiano resultaba demasiado
>> para a miña escasa cabeciña...
>>
>>>
>>>>> Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen 
estar moi
>>>>> convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía 
que non
>>>>> estabamos todos moi de acordo...
>>>>
>>>> Creo que xa se pode considerar consensual, aínda que inestable.
>>>
>>> Eu sigo sen aceptar iso. Para min "ruta" e "camiño" son cousas
>>> diferentes.
>>
>> Eu tamén comparto o de "camiños hai moitos, ruta só unha". Se
>> queredes, pelexamos outro pouco. Aínda teño un par de días antes de
>> que se acabe o prazo...
>>
> Daquela os camiños que levan a Santiago serían "Ruta de Santiago"?

Case. Algúns camiños que levan a Santiago son "ruta xacobea" ;)

Eu entendo que a Santiago podes ir por autopista, pola n550, ou en
tren. Pero se decides ir dende Pontevedra a Santiago pola carretera
vella, a ruta que segues será:

Pontevedra/Caldas/Valga/Padrón/Milladoiro/Santiago

Esa é a ruta (neste caso). Pero claro, había outras. Se foras por
outro camiño, a ruta sería distinta.
Imaxinade (nun, seguramente infructuoso, intento pola miña parte de
facer un símil con isto) un programa que ao instalarse crea o ficheiro
/opt/programa/etc/programa.conf, e ademais fai unha ligazón simbólica
en /etc/programa/programa.conf. Hai dous camiños para editar o mesmo
ficheiro:

/opt/programa/etc/programa.conf
/etc/programa/programa.conf

Se lle dicimos a alguén "edita /etc/programa/programa.conf", estamos a
empregar a ruta "/etc/programa/programa.conf".

Nun sentido amplo e xeralista, supoño que podería dicir que "ruta é o
camiño que collemos". Sei que seguramente non é exacto, nin sequera ao
mellor é correcto... pero vaia, na miña imaxe mental hai unha
distinción que ven sendo máis ou menos esa.

Se cadra había que explorar outras palabras: itinerario(?), senda (que
creo que non é galega), vía, vieiro, eu que sei...



Creo que isto me recorda a confusión entre enderezo/dirección. A ver se consigo 
non liala máis.

Claro que camiño/ruta son obviamente diferentes pero en moitos casos non tanto. 
Procurando o sentido máis estrito:

- camiño, é unha vía ou fragmento de vía (autoestrada, estrada, pista, 
lindeiro) de un punto a outro punto, un enderezo.
- ruta, é como se chama o feito de ir percorrendo os nodos (vías) para chegar 
dunha orixe a un destino, unha acción.

O camiño ten entidadade de por si, a ruta é un resultado de realizar un percorrido.
Non é o mesmo "o camiño de" que "en camiño de". Na lingua hai outrosexemplos 
deste tipo : singradura/rumbo de navegación. A partir de aí ossentidos figurados, as metonimias os 
usos tradicionais, etc tanto eninglés como en galego pódennos complicar a vida moitísimo. Camiño 
inglés, camiño francés, etc. son substantivamente diferentes pero todos eles son rutas xacobeas e 
forman parte do Camiño de Santiago.

Xa no noso ámbito:

Pathname entendo que indica de modo bastante preciso un "camiño" que vai da 
raíz a un ficheiro (á parte as cuestións de relativos e absolutos)

A ruta serían as direccións que segue unha orde (as conexións de camiños) para 
chegar desde onde se lanza ata onde debe actuar. A ruta ten así un sentido 
agrupador, case colectivo, mentres que o camiño sería singular.

O pathname e o routing poden ser cousas moi diferentes pero é moi lóxico que 
cando nos referimos a localizacións desde a raíz sexa indiferente

/home/A/1
/home/B/2

Para ir de 1 a 2 facemos unha ruta como esta: 
1>A>home>B>2   (por favor, desculpade se digo algunha 
barbaridade técnica)

Pero para chegar a 2 desde a raíz, só temos que seguir a ruta
/home/B/2
Que é o mesmo que dicir que se encontra no camiño /home/B/2


Non esquezamos que en inglés existen as dúas. Mentres o castelán tende a xuntar ambos sentidos en 
"ruta" en portugués téndese a xuntar en "camiño". O que indica
a) que normalmente é indiferente distinguir xa que o contexto (sistema de 
ficheiros/comunicación de datos) é o que aclara o significado
b) que ambos idiomas buscan unha palabra xenérica e metafórica.
O francés tamén di case sempre "chemin" (path)  pero conserva "route" para 
cando o necesita. Eu votaría por esta opción.

Respecto do consenso, pensei que estes datos obedecían á realidade:

http://termos.trasno.net/spip.php?page=termos&buscar=path

O que se deriva desta interpretación é que "encamiñador" para router non me parece moi 
adecuado e prefiro claramente "enrutador"


 >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>



--
Saúde,

Chaves - http://chav.es
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Attachment: signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a