2010/5/25 <cert...@certima.net>

>
>
> 2010/5/25 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>
>
>> 2010/5/25 damufo <dam...@gmail.com>:
>>
>> >
>> >
>> > En 2010/05/25 17:09, José Manuel Castroagudín Silva escribiu:
>> >>
>> >> 2010/5/25 Leandro Regueiro<leandro.regue...@gmail.com>:
>> >>
>> >>>
>> >>> Sinceramente pregúntalle aos desenvolvedores. E se ves que tal
>> >>> pídelles que poñan comentarios para os tradutores e que se poden poñan
>> >>> frases máis fáciles de entender.
>> >>
>> >> Debo dicir que, despois de ler a explicación que escribín onte,
>> >> atópolle máis sentido á cousa. O de poñer o razoamento por escrito
>> >> axudoume bastante. Parece que manter a estrutura da frase inglesa na
>> >> cabeza e darlle voltas para poñela en cristiano resultaba demasiado
>> >> para a miña escasa cabeciña...
>> >>
>> >>>
>> >>>>> Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen estar moi
>> >>>>> convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía que non
>> >>>>> estabamos todos moi de acordo...
>> >>>>
>> >>>> Creo que xa se pode considerar consensual, aínda que inestable.
>> >>>
>> >>> Eu sigo sen aceptar iso. Para min "ruta" e "camiño" son cousas
>> >>> diferentes.
>> >>
>> >> Eu tamén comparto o de "camiños hai moitos, ruta só unha". Se
>> >> queredes, pelexamos outro pouco. Aínda teño un par de días antes de
>> >> que se acabe o prazo...
>> >>
>> > Daquela os camiños que levan a Santiago serían "Ruta de Santiago"?
>>
>> Case. Algúns camiños que levan a Santiago son "ruta xacobea" ;)
>>
>> Eu entendo que a Santiago podes ir por autopista, pola n550, ou en
>> tren. Pero se decides ir dende Pontevedra a Santiago pola carretera
>> vella, a ruta que segues será:
>>
>> Pontevedra/Caldas/Valga/Padrón/Milladoiro/Santiago
>>
>> Esa é a ruta (neste caso). Pero claro, había outras. Se foras por
>> outro camiño, a ruta sería distinta.
>> Imaxinade (nun, seguramente infructuoso, intento pola miña parte de
>> facer un símil con isto) un programa que ao instalarse crea o ficheiro
>> /opt/programa/etc/programa.conf, e ademais fai unha ligazón simbólica
>> en /etc/programa/programa.conf. Hai dous camiños para editar o mesmo
>> ficheiro:
>>
>> /opt/programa/etc/programa.conf
>> /etc/programa/programa.conf
>>
>> Se lle dicimos a alguén "edita /etc/programa/programa.conf", estamos a
>> empregar a ruta "/etc/programa/programa.conf".
>>
>> Nun sentido amplo e xeralista, supoño que podería dicir que "ruta é o
>> camiño que collemos". Sei que seguramente non é exacto, nin sequera ao
>> mellor é correcto... pero vaia, na miña imaxe mental hai unha
>> distinción que ven sendo máis ou menos esa.
>>
>> Se cadra había que explorar outras palabras: itinerario(?), senda (que
>> creo que non é galega), vía, vieiro, eu que sei...
>>
>>
>>
> Creo que isto me recorda a confusión entre enderezo/dirección. A ver se
> consigo non liala máis.
>
> Claro que camiño/ruta son obviamente diferentes pero en moitos casos non
> tanto. Procurando o sentido máis estrito:
>
> - camiño, é unha vía ou fragmento de vía (autoestrada, estrada, pista,
> lindeiro) de un punto a outro punto, un enderezo.
> - ruta, é como se chama o feito de ir percorrendo os nodos (vías) para
> chegar dunha orixe a un destino, unha acción.
>
> O camiño ten entidadade de por si, a ruta é un resultado de realizar un
> percorrido.
>
> Non é o mesmo "o camiño de" que "en camiño de". Na lingua hai outros
> exemplos deste tipo : singradura/rumbo de navegación. A partir de aí os
> sentidos figurados, as metonimias os usos tradicionais, etc tanto en inglés
> como en galego pódennos complicar a vida moitísimo. Camiño inglés, camiño
> francés, etc. son substantivamente diferentes pero todos eles son rutas
> xacobeas e forman parte do Camiño de Santiago.
>
> Xa no noso ámbito:
>
> Pathname entendo que indica de modo bastante preciso un "camiño" que vai da
> raíz a un ficheiro (á parte as cuestións de relativos e absolutos)
>
> A ruta serían as direccións que segue unha orde (as conexións de camiños)
> para chegar desde onde se lanza ata onde debe actuar. A ruta ten así un
> sentido agrupador, case colectivo, mentres que o camiño sería singular.
>
> O pathname e o routing poden ser cousas moi diferentes pero é moi lóxico
> que cando nos referimos a localizacións desde a raíz sexa indiferente
>
> /home/A/1
> /home/B/2
>
> Para ir de 1 a 2 facemos unha ruta como esta: 1>A>home>B>2   (por favor,
> desculpade se digo algunha barbaridade técnica)
>
> Pero para chegar a 2 desde a raíz, só temos que seguir a ruta
>
> /home/B/2
> Que é o mesmo que dicir que se encontra no camiño /home/B/2
>
>
> Non esquezamos que en inglés existen as dúas. Mentres o castelán tende a
> xuntar ambos sentidos en "ruta" en portugués téndese a xuntar en "camiño". O
> que indica
> a) que normalmente é indiferente distinguir xa que o contexto (sistema de
> ficheiros/comunicación de datos) é o que aclara o significado
> b) que ambos idiomas buscan unha palabra xenérica e metafórica.
>
> O francés tamén di case sempre "chemin" (path)  pero conserva "route" para
> cando o necesita. Eu votaría por esta opción.
>
> Respecto do consenso, pensei que estes datos obedecían á realidade:
>
> http://termos.trasno.net/spip.php?page=termos&buscar=path
>
> O que se deriva desta interpretación é que "encamiñador" para router non me
> parece moi adecuado e prefiro claramente "enrutador"
>
>
Cantas máis explicacións leo, máis e mellor vou entendendo que si falamos de
/home/Desktop/cartafolA/ficheiro1 ... estamos a falar dunha "ruta", non dun
camiño


>
>
>> >
>> >>> _______________________________________________
>> >>> Proxecto mailing list
>> >>> Proxecto@trasno.net
>> >>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >>>
>> >>
>> >>
>> >>
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>>
>>
>>
>> --
>> Saúde,
>>
>> Chaves - http://chav.es
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a