> Eu non sei como facemos pero cada dous por tres volvemos a debater os
> mesmos termos.
>
> Se recuperades fíos, xa se falou e ata de porque non valía ruta e
> tampouco o de camiño para o tema do debuxo vectorial. Xa non recordo
> moi ben, pero creo que se comezou a empregar camiño e eu estou a
> aplicalo como se estivera fixado. Se decidimos optar por ver o que
> facía outros idiomas e na maior parte deles optan pola vía de camiño e
> deixar ruta para cousas específicas, sigamos o exemplo. A verdade, é
> que eu son (ou tería que ser programador) e a min o termo que non me
> reporta dúbidas é path, o resto vaime soar raro e case que calquera
> desenvolvedor diravos o mesmo.
>
> Eu cando traduzo e sobre todo a xente que comeza, non nos axuda nada
> que cada dous por tres se poña en dúbidas moitos termos. Haberá que
> ceder e punto, uns cederán neste termo e outros noutro.
>
> Xente, temos que avanzar. Se queremos homoxeneidade e calidade nas
> traducións temos que ter claro como se traducen termos tan básicos e
> que aparecen en todos os aplicativos dunha vez.
>
> Bueno, a ver se decidimos dunha vez como o traducimos. Porque cada 3-6
> meses sacar o tema e non acordar nada, é desesperante.
>
> Non me tomedes a mal. A min vaime dar igual, o problema vai vir que
> cando acordemos vamos ter que corrixir moitas traducións de dios. Eu
> adáptome o que se decida, teño as miñas preferencias, pero somos
> poucos e temos que optimizar os recursos.

Agora mesmo, e dende fai uns meses eu traduzo como "camiño" porque foi
o que veu de mancomún. Tómao se queres como un consenso temporal,
mentres a cousa non se discuta seriamente, que creo que non se
discutiu seriamente.

Antes diso eu sempre traducín como "ruta" e só vira "ruta" (quitando o
"rota" de Marce). No seu momento tiven que atopar unha tradución para
"path" para o debuxo vectorial, xa que estaba traducindo o Inkscape e
prefería que dous conceptos tan distintos tiveran traducións
diferentes, porque no Inkscape aparecían os dous e podia ser un pouco
confuso. Nese momento, e despois de comparar con outros catro ou cinco
idiomas romances e mirar en varios dicionarios decidinme por "camiño"
xa que "trazo" xa o estaba empregando para outra cousa. Tempo despois
foi cando vin que aparecia "path" traducido como "camiño" por todas
partes, e non é por nada pero cabreoume un pouco ter pasado horas
intentando atopar unha tradución diferenciada para que despois alguén
empezara a usar "camiño" por todas partes cando sempre se traducira
como "ruta" (ou "rota").

Ademais diso está a explicación de "ruta" e "camiño" que dera bouzada
en http://www.trasno.net/lurker/message/20100107.070408.208d4a23.en.html
(mirar a imaxe que puxo para ilustrar en
http://www.trasno.net/lurker/attach/5...@20100107.070408.208d4a23.attach)
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a