>> Sen dúbida! O de Miguel Soia, dálle mil voltas, mais que nada porque
>> admite pronomes enclíticos e demais cousas que o de mancomún non ten.
>>
>> tedelo dispoñíbel no meu PPA:
>> > https://edge.launchpad.net/~frandieguez/+archive/mabishu
>>
>> eu simplemente metínlle o nome dos meses e dos días que non os ten
>> incluídos.
>
> Pois había que coller o que ti tes, Fran, e crear un proxecto en Trasno para
> as posibles futuras correccións e actualizacións. Eu vou ver se o baixo xa e
> se o paso a UTF-8 (se non o está xa).

Habería que aclarar o tema este dunha vez xa. Por exemplo para Debian
o paquete creo que se creaba co que hai na forxa de Mancomún, así que
en teoría afectaralle a máis xente. Se o traballo de Solla é libre non
vexo por que non deberiamos usalo como base para intentar completalo e
facer que todas as distros usen esa versión. Pero xa digo, antes falar
todos os implicados para aclarar como se vai facer e onde se vai
facer.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a