> Pode ser de interese recuperar o que hai aquí
> 
> http://wiki.mancomun.org/index.php/Conversa:Corrector_ortogr%C3%A1fico_para
> _OpenOffice.org

Revisión / posta a proba do hunspell-gl:

  Conversa do corrector no wiki de Mancomún:

    NOMES

    dia → día (BEN)
    auxiliár → auxiliar (BEN)
    exercinte
      No wiki de Mancomún informouse de que o termo é incorrecto, e que 
debería recomendarse “exercente”. Porén, «exercinte presión no peito para 
salvarche a vida» demostra que non é así. Así e todo, “exercente” non aparecía 
como válida. Abondou con engadila ao gl.dic (FEITO).
      + exercente/10
    astrinxente → adstrinxente
      Modificado no gl.dic. As formas verbais xa estaban ben, só fallaban os 
substantivos.
      * adstrinxencia/10
      * adstrinxente/10
      * adstritivo/10,14
    vinteún, vintedous, vintetres, etc. → vinte e un, vinte e dous, vinte e 
tres, etc. (BEN)
      Xa se marcan como incorrectas. Nestes momentos non é posible suxerirlle 
ao usuario unha corrección con varias palabras (salvo para un caso moi 
concreto). Xa fixen unha petición formal aos do Hunspell para que permitan 
este tipo de correccións, a ver se hai sorte.

    VERBOS

    hainas (BEN)
    continuei (BEN)
    elexir
      Segundo o wiki, dentro da conxugación do verbo elixir existe esta forma. 
Segundo o DiGalego, non hai tal forma na súa conxugación. Salvo que alguén 
demostre o contrario, o corrector fai ben en marcala como incorrecta.

    haino, óao, faino.
      A única que non traga é óao. A ver se Miguel pode revisalo cando teña 
tempo.
    
    interviron, interviu, intervistes, maldixen, bendixen
      As tres primeiras non as dá como correctas, e os meus coñecementos de 
lingua son limitados de máis para xulgar se é o comportamento axeitado ou non. 
As dúas últimas as dá por boas.

    éche, liches (flash do Wesnoth), leron, lera, leras, lerades, leran, 
lésemos, rísemos, lésedes, rísedes, lesen, leres, lermos, lerdes, leren, 
sirve, fuxe, iamos, iades, ide (BEN, TODAS)

    INTERXECCIÓNS

    abur, ah, ai, arre, benia, canté, carafío, caramba, cataplún, coriño, 
dodemo, ea, eh, ei, eiramá, epa, gache, ho, hum, hurra, madeus, mícaro, 
múcaro, oh, oi, olé, paf, pam, pataplaf, pataplún, plof, pum, pumba, recoiro, 
to, uf, vaites, xo, guau
      Ningunha estaba presente. Engadidas todas ao gl.dic menos a última, que 
non aparece no VolGa. Sendo interxeccións, non lles engadín formas 
alternativas, habería que engadir plural? (carafíos?)

    PARTICIPIOS FORTES E TRUCADOS
  
    ido, absolto, acolleito, aflito, colleito, comesto, contradicido, 
controverso, desenvolto, desprovido, desprovisto, econlleito, envolto, 
desprover, desprovido, desprovisto, ergueito, inserto, limpado, refritir, 
volto, refritido, desdito, anisosilábico, antidóping, autoservizo, cableado
      Algunhas estaban, outras non. Cambios no gl.dic (previa comprobación da 
súa existencia no VolGa):
      + absolto/10,14
      + acolleito/10,14
      + aflito/10,14
      + anisosilábico/10,14
      * autoservizo/10 (antes “autoservicio/10”, o VolGa confirma que estaba 
mal)
      + colleito/10,14
      + desenvolto/10,14
      + envolto/10,14
      + ergueito/10,14
      + inserto/10,14
      + volto/10,14
      Non atopei no VolGa: contradicido, controverso, desprovido, econlleito, 
refritir, refritido, cableado. Mentres non se achegue outra fonte que as 
verifique, quedan fóra. Asemade, o VolGa especifica que “antidóping” é un 
termo incorrecto e que no seu lugar debe utilizarse «antidopaxe» (que o 
corrector xa acepta).

Continuará...

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a