Ola a todos,

desde fai unha semana estou mirando os distintos procesos que se
empregan nos proxectos dos que GNOME depende (

Para o caso do avahi, xa subín a nova tradución que había feita en GNOME
máis non remitida a upstream:
http://www.transifex.net/projects/p/avahi/c/master-tx/

Para o caso do shared-mime-info (ficheiro que contén descricións de
tipos de ficheiros e empregado en nautilus no diálogo Propiedades de
ficheiro. Creei un grupo de tradución no transifex (non existía) e
subino, porén está ao 53%:
http://www.transifex.net/projects/p/shared-mime-info/c/default/

Para o caso de Gstreamer e engadidos:
Fíxenme membro do grupo do Translation Project e estiven estudando o
comportamento do robot. Topei un script moi xeitoso que che revisa os
ficheiros antes de envialos, ademais encárgase de remitir o ficheiro a
onde proceda... vamos que non fai o café porque non teño a cafeteira
conectada por USB que se non...
Enviei xa os gst-plugins-* (bad, good, base e ugly) completos e
revisados. Estou agardando que o robot me conteste por se están
aceptados ou se hai erros. Nese caso xa contacto con Tsao para que me
bote unha man. Tentarei cando teña un ratiño enviar unha carta por
correo ordinario para ter o disclaimer firmado coa FSF.

Aproveitando os pasos que estou dando compre que desde Ubuntu se vaian
recollendo os ficheiros que están traducidos e vaiamos remitindo cara
Transifex e Translation Project, por exemplo: Bacula, liferea etc etc.

Isto é todo desde terras do sul

Attachment: signature.asc
Description: Esta é unha parte de mensaxe asinada dixitalmente

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a