> Sorry Adrián pero limpa un pouco o Changelog e dálle un formato
> axeitado.

Chameille «CHANGELOG» porque non se me ocorría outro nome, pero pretende ser a 
mensaxe que vos enviaría por correo de non ser porque é moi longa, e nas 
respostas ao citar o texto pode volverse ilexible.

Máis que unha lista de cambios, é o que fun facendo, en orde cronolóxico, con 
algúns puntos nos que pregunto como debo proseguir. Interésame que cando menos 
o lean Antón e Miguel para ver se o primeiro me pode despexar algunha das 
dúbidas e o segundo pode solucionar os temas relativos a verbos (creo que as 
formas alternativas do verbo intervir son as únicas que faltan, debería 
abondar con engadir unha liña ao gl.dic).

> Tamén sería conveniente levar este proceso nun sistema de xestión de
> tickets como o Redmine que temos en Trasno.
> 
> Para o que falabas de ter un lugar onde subir os ficheiros eu
> recoméndoche un svn ou o git que temos en Trasno, así o que precise de
> ditos ficheiros que os descargue desde o repositorio e podemos levar un
> control dos cambios feitos.

Concordo.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a