Abreviaturas de materias e disciplinas científicas habituais

Debo recoñecer que teño moitas reticencias a introducir un debate sobre os 
criterios do corrector, e as notas da wiki só son apuntamentos para a reflexión 
pero xa que o pides directamente:

Como argumentación, a súa introdución ou non cómpre vela como unha cuestión de 
produtividade. O corrector só debería marcar aquilo que realmente pode ser un problema de 
corrección pero ter un nivel para "aceptar" a maior parte do escrito. 
Naturalmente hai un límite á exhaustividade que o pon a rendibilidade ortográfica e a 
velocidade de corrección e o acerto na suxestión de corrección (para iso serían 
necesarios estudos estatísticos que non podemos facer).

Unha cousa é ser moi estritos co Volg, ou as NOMIG da RAG respecto do que estas 
condenan explicitamente. Sería grave que o corrector dese como válido o que non 
o é. Outra cousa é o que estas fontes non recollen (moitísima parte do idioma) 
e que debe ser recoñecido como normal nun corrector.

Desde ese punto de vista, o corrector, a través do OOo.org por exemplo, é de uso moi 
habitual en ámbitos académicos e administrativos, así que nestes ámbitos o corrector debe 
ser moito máis "comprensivo" que noutros. O corrector non debería ser unha 
copia do Volg (nunca o podería ser) senón cumprir os seus propios obxectivos: Utilidade 
para o usuario e fiabilidade.


Pódense meter comentarios no ficheiro .dic?
Digo para manter un certo agrupamento destas series, diferenciado do léxico 
xeral.


(nótese a presencia obrigatoria do punto)

Acúst.
Aerod. Agr.
Alim.
Álx.
Anat.
Antrop.
Arit.
Arq.
Arqueol.
Arquit.
Astrof.
Astron.
Biol.
Bioq.
Bras.
Bot.
Com.
Der.
Ecol.
Econ.
Electr.
Electrón.
Enol.
Enxeñ.
Estat.
Farm.
Filos.
Fís.
Fisiol.
Fon.
Fonol.
Fot.
Gram.
Heráld.
Hidrol.
Hist.
Inform.
Ling.
Lit.
Mat.
Mec.
Med.
Metal.
Meteor.
Metrol.
Mil.
Miner.
Mit.
Mús.
Odont.
Oftal.
Ópt.
Ornit.
Paleont.
Pol.
Psic.
Psiq.
Quím.
Rel.
Sociol.
Tecnol.
Telecom.
Teol.
Topog.
Veter.
Vitic.
Xen.
Xeogr.
Xeol.
Xeom.
Xeomorf.
Xurisp.
Zool.


Attachment: signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a