Pois a min que me aparezan como incorrectas cousas correctas ponme dos 
nervios. E creo que os erros do tipo de poñer un espazo por medio son 
facilmente evitables polo que escribe, dado que o número de letras por palabra 
varía ─o cal resulta estraño á vista cando se escribe e se mira á pantalla á 
vez (ou a intervalos curtos)─.

Ademais, o erro común consiste en poñer o espazo onde non é, máis que colocalo 
dúas veces, polo que xeralmente aínda que quede unha letra solta como válida 
quedará unha palabra rara como incorrecta. Por exemplo:
Persoalmente prefiro que as letrad o alfabeto vaian incluídas no corrector.

De todos xeitos, cousas como símbolos e letras están situándose ao final do 
.dic, de xeito que se poidan eliminar facilmente se así o desexar.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a