No tocante a todo o que hai no changelog:
Hai cousiñas moi sinxelas de solucionar como *dinosaurio, a forma que vén no
VOLG é dinosauro (supoño que estará no dicionario, non o comprobei) que cun
simple REP saurio sauro ou algo así tería unha solución rápida e efectiva.
Engadir regras de substitución é realmente fácil, rápido e produtivo. Non me
meto en máis casos concretos porque entendín por aí que anda Antón co mesmo.
Respecto aos verbos, hai ter en conta que para engadir máis, precísase non
só da forma de infinitivo, senón do modelo de conxugación, do tipo de
construción sintáctica que admite (transitiva, intransitiva e/ou
pronominal), se é impersoal, defectivo ou actúa como auxiliar en perífrases
verbais... Non é imposible, no digalego, por exemplo, pode información deste
tipo, pero dubido que haxa moitos máis verbos que no VOLG e a fonte non é a
Academia.
No resto da morfoloxía pasa un pouco o mesmo... cómpre ten ver claras as
regras flexivas para introducir elementos novos (sigo pensando en facer un
baleirado do VOLG e refacer o dicionario).

2010/6/2 Miguel Solla <brado...@gmail.com>

> Grazas polo enlace Dani.
>
> O TRY compórtase tal e como indica a documentación. Emprégase en suxestións
> nas que varíe un único carácter. Nas probas que fixen engadín Magalhães,
> Monção e länd no dicionario:
> Ao escribir Magalhaes o verificador suxire Magalhães.
> Ao escribir Monçao o verificador suxire Monção.
> Ao escribir Moncão o verificador suxire Monção.
> Ao escribir Moncao o verificador xa non fai a suxestión (varían dous
> caracteres).
> Ao escribir land o verificador non suxire länd (porque o ä, a con umlaut do
> alemán, non está entre as grafías do TRY).
>
> A declaración de grafías que se fai no TRY non parece que interfira en
> ningún outro comportamento do verificador. En consecuencia, eu creo que o
> mellor é manter os que hai e ampliar as grafías que teñan un uso frecuente
> en topónimos e antropónimos de linguas máis ou menos próximas (vogais con
> umlaut do alemán, ß, o · da grafía <l·l> no catalán ou calquera outra que
> vaia aparecendo cando se introduzan topónimos e antropónimos no dicionario
> ).
>
> O de graos centígrados (°C) funciona perfectamente, só que símbolo que hai
> antes do C (U+00B0) eu non sei escribilo co teclado, pero creo que é o
> correcto.
>
>
> 2010/6/1 damufo <dam...@gmail.com>
>
> Boas:
>> Aqui está aversión 1.2.11:
>> http://www.manpagez.com/man/4/hunspell/hunspell-1.2.11.php
>>
>> Penso que é a ultima.
>> http://hunspell.sourceforge.net/
>>
>>
>> En 2010/06/01 18:45, Adrián Chaves Fernández escribiu:
>>
>>> http://www.runasimipi.org/hunspell-man.html
>>>>
>>>
>>> Utiliza AF en vez de SFX e PFX, non será algo vella?
>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a