Xa temos a nova versión lista para os usuarios finais.
A nova versión está totalmente integrada como versión oficial polo que se
cumpriu o obxectivo fundamental que era asegurar a continuidade do proxecto
sen dar pasos atrás desde que en 2006 o proxecto OOo.org estivo totalmente
en mans da Administración.

Neste mesmo momento está distribuíndose polos servidores espello.

Esta versión 3.2.1 é a primeira versión froito do traballo da nova
coordinación que asumín hai uns meses; por iso, tócame tanto agradecer a
colaboración prestada (Leandro e Damufo) como pedir que comentedes o que vos
pareza oportuno sobre ela. Naturalmente, despois do que pasou de hai un ano
para aquí, aínda hai problemas que están pendentes de solución para
lograrmos unha integración correcta e actualizada.

Toda a información necesaria e os comentarios podedes facelos no blog
oficial de coordinación.
http://blog.openoffice.gl/

Un saúdo,

Antón Méixome
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a