> @Adrián @Solla
> En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
> que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que
> sería moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún
> artigo ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que
> sabemos, cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós
> sabedes. Eu non)
> 
> Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)

Facer unha documentación para que as persoas poidan comprender os 
“instrumentos” do Hunspell utilizados no hunspell-gl non é tarefa difícil, 
mesmo podo facelo eu. Cun par de parágrafos calquera persoa pode ler o .aff e 
engadir ou quitar vocabulario do .dic. Agora si, o que está feito no .aff de 
sufixación verbal paréceme moito para entendelo, e por tanto moito para 
explicalo ─vamos, que se alguén quere editar sobre o traballo de Miguel fai 
falla estudalo ben a fondo, eu nin o intentarei mentres poida evitalo :)─.

Este verán, en canto remate os exames, a ver se consigo algunha vía de 
comunicación rápida cos desenvolvedores do Hunspell (espero que teñan algunha 
canle IRC). A pesar de ser unha boa aplicación nótolle certas carencias, xa 
non só o das suxestións con varias palabras, ou o das abreviaturas. A ver se 
falando con algún dos desenvolvedores ou dos que utilizan a tecnoloxía podo 
descubrir algún xeito alternativo ─truco─ para solventar ditas carencias.

En fin, Antón, se no blogue podes colgar os ficheiros separados (ademais dos 
paquetes para o OpenOffice) se cadra o podemos utilizar como servidor 
principal (vamos, como referencia, «a última versión é a do blogue»), e os 
cambios podemos enviarchos mediante parches previa discusión na rolda.

E o da documentación sobre o Hunspell, pois non me importaría facer unha que 
polo menos ocupase as partes do Hunspell utilizadas no hunspell-gl. Pero coido 
que sería mellor formato un wiki. O mesmo me dá utilizar o de Trasno que o do 
Galilibros (aínda que por non ser algo ligado directamente á tradución, case 
preferiría este último, que ademais ben lle veñen os contidos).

Un saúdo!

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a