2010/6/6 Miguel Solla <brado...@gmail.com>

> Se non queres comerte moito a cabeza, facer un .oxt é tan fácil como coller
> o de mancomun, renomealo a .zip, descomprimir, mudarlle os arquivos .aff e
> .dic polos novos, comprimir a .zip, mudarlle a extensión a .oxt e
> distribuír. Tampouco debería ser moi difícil elaboralo de cero con netbeans
> e o OOo api plugin.
> Sigo estando en desacordo con que se eliminasen as grafías. ;)
>
>
Home si,

O que non teño claro é se esa maneira de chafullar será motivo de cartón
vermello directo :-)





> 2010/6/6 Antón Méixome <cert...@certima.net>
>
>
>>
>> 2010/6/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>
>> Bueno, estiven algo atarefado, pero hoxe tiven tempo para aplicar o falado
>>> na
>>> lista de correo.
>>>
>>>  Apliquei os parches que me mandou Solla de correccións nas formacións
>>> verbais (gústame isto dos parches).
>>>
>>>  As letras que non forman parte do alfabeto galego non están incluídas.
>>> Porén, as palabras presentes no VolGa que as utilizan seguen sendo
>>> completamente válidas.
>>>
>>>  Engadidas ao gl.dic as palabras: gray, becquerel, estereorradián e
>>> katal.
>>> Asemade, á unidade «henry», que xa estaba presente, lle engadín a forma
>>> plural.
>>>
>>>  Agora o corrector dá por válido °, que ademais de utilizarse ─como forma
>>> alternativa─ para escribir °C, utilízase para escribir graos de ángulos
>>> (por
>>> exemplo: 90°).
>>>
>>>  Asemade, engadín o signo de puntuación «─», que ata agora estaba como
>>> incorrecto. É o que utilicei no parágrafo anterior, e escríbese na
>>> disposición
>>> de teclado «es» mediante a combinación de teclas «Alt Gr + Maiús + ,».
>>> Asumo
>>> que é o carácter unicode correspondente a dita función. Se non o é, que
>>> alguén
>>> mo indique (e a poder ser que me indique tamén cal é o correcto para dita
>>> función, pois teño claro que non é o guión «-»).
>>>
>>>  Engadido queda tamén o símbolo da suma (+), que non é raro de ver nun
>>> texto
>>> corrente, así coma o símbolo de igual (=).
>>>
>>>  Engadidos os símbolos internacionais de linguas: ar, br, ca, cy, da, de,
>>> el,
>>> eo, es, eu, fi, fr, gl, it, ja, ko, la, nl, oc, pt, ro, ru, sv, zh.
>>>
>>>  Engadíronse todos os símbolos monetarios internacionais listados en
>>> «http://www.xe.com/iso4217.php». Engadíronse tamén os comentados por
>>> Antón de
>>> antigas moedas europeas.
>>>
>>>  Non engadín ningunha abreviatura de materia nin de nada (e estou
>>> pensando en
>>> “comentar” as que xa están presentes) dado que o corrector ignora o punto
>>> á
>>> hora de corrixir, polo que as dá como malas aínda que estean presentes no
>>> gl.dic. Descoñezo se existe unha solución para isto (aparte de que pode
>>> que
>>> engadindo o punto á variable WORDCHARS quizais por consola os trague o
>>> corrector). Non sei se isto se podería solucionar co uso de regras de
>>> composición (COMPOUNDRULE, e outras), pero de momento non atopei ningún
>>> exemplo deste tipo de regras ao que botar mano para entendelas. A
>>> documentación do hunspell deixa bastante que desexar, a verdade.
>>>
>>> E agora a outras cousas. É unha mágoa non saber como solucionar o do
>>> punto das
>>> abreviaturas (sen ter que dar por boa a abreviatura sen punto). A ver se
>>> algún
>>> de vós sabe ou se lle ocorre como facelo.
>>>
>>>
>>
>>> Tedes os ficheiros en http://karalladas.co.nr/hunspell-gl (collédeos
>>> antes de
>>> que me quiten o dominio ;).
>>>
>>>
>> Vou facer unha cousa e tampouco pido permiso para facela :-)
>>
>> Subo estes ficheiros (grazas Adrián) ao blog de openoffice; crearei unha
>> sección sobre o corrector e así estarán nun lugar lóxico e accesible. Tamén
>> engadirei os que están agora activos oficialmente así como da modificación
>> inicial de Miguel Solla.
>>
>> Meterei tamén nesa sección outros complementos e utilidades lingüísticas
>> que teñan que ver con OOo.org. Só coa finalidade de ordenación porque senón
>> dentro de 6 meses non hai quen se aclare.
>>
>> Entre as cousas que teño previstas está tamén o empaquetado mediante un
>> .oxt para a instalación do corrector sobre unha versión que non sexa nativa
>> en galego.
>>
>> @Adrián @Solla
>> En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
>> que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que sería
>> moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún artigo
>> ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que sabemos,
>> cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós sabedes. Eu
>> non)
>>
>> Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)
>>
>>
>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a