2010/6/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>

> > @Adrián @Solla
> > En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
> > que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que
> > sería moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún
> > artigo ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que
> > sabemos, cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós
> > sabedes. Eu non)
> >
> > Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)
>
> Facer unha documentación para que as persoas poidan comprender os
> “instrumentos” do Hunspell utilizados no hunspell-gl non é tarefa difícil,
> mesmo podo facelo eu. Cun par de parágrafos calquera persoa pode ler o .aff
> e
> engadir ou quitar vocabulario do .dic.


Nada é obvio en por si. Se se explica mellora tamén a calidade dos que
poidan colaborar: menos medo e colaboracións máis produtivas.


> Agora si, o que está feito no .aff de
> sufixación verbal paréceme moito para entendelo, e por tanto moito para
> explicalo ─vamos, que se alguén quere editar sobre o traballo de Miguel fai
> falla estudalo ben a fondo, eu nin o intentarei mentres poida evitalo :)─.
>

Se Miguel é xa un mestre nese tema é porque lle dedicou moitísimas horas e
rompeu a cabeza con iso. Probablemente lle tería sido máis levadeiro de
contar con documentación, aínda que fose en galego :-D. Cousa que me
preocupa pensando no futuro, xa que ningún dos que traballaron nisto a
produciron ata agora. Mesmo con documentación a cousa non é ningunha broma.
De aí a miña insistencia.


>
> Este verán, en canto remate os exames, a ver se consigo algunha vía de
> comunicación rápida cos desenvolvedores do Hunspell (espero que teñan
> algunha
> canle IRC). A pesar de ser unha boa aplicación nótolle certas carencias, xa
> non só o das suxestións con varias palabras, ou o das abreviaturas. A ver
> se
> falando con algún dos desenvolvedores ou dos que utilizan a tecnoloxía podo
> descubrir algún xeito alternativo ─truco─ para solventar ditas carencias.
>

Pásate por BrOffice.org, que co seu Vero (de verificador) xa teñen
corrección de palabras con prefixos e outras cousas que aquí andamos a
buscar.


>
> En fin, Antón, se no blogue podes colgar os ficheiros separados (ademais
> dos
> paquetes para o OpenOffice) se cadra o podemos utilizar como servidor
> principal (vamos, como referencia, «a última versión é a do blogue»), e os
> cambios podemos enviarchos mediante parches previa discusión na rolda.
>
> Podedes contar con iso. Xa se está facendo. E, como coordinador volo digo,
tamén vos podedes dar de alta e facervos editores neste aspecto no blog que
xestiono.
Sobre as futuras melloras puntuais seguramente sería conveniente tirar do
Redmine (sistema de tiques) que para iso está. Outra cousa é presentar
materiais con vistas aos usuarios e como arquivo. Naturalmente estou poñendo
o carro diante dos bois porque eu non xestiono o Redmine nin ningún dos
recursos de Trasno.


> E o da documentación sobre o Hunspell, pois non me importaría facer unha
> que
> polo menos ocupase as partes do Hunspell utilizadas no hunspell-gl. Pero
> coido
> que sería mellor formato un wiki. O mesmo me dá utilizar o de Trasno que o
> do
> Galilibros (aínda que por non ser algo ligado directamente á tradución,
> case
> preferiría este último, que ademais ben lle veñen os contidos).
>
>
Como vexas. O proxecto de galeguización de OpenOffice.org abrangue tanto a
localización como a creación e xestión de recursos lingüísticos que sexan
útiles. Se o metes nunha wiki, ligarei os contidos cando corresponda.
Aproveito para dicir que estou creando-probando unha versión beta dun
dicionario de sinónimos con vistas á versión 3.3. O obxectivo é ter un
dicionario de sinónimos para unhas 15000 palabras frecuentes. Nunca antes.



> Un saúdo!
>
>

> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a