2010/6/7 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
>
>
> 2010/6/6 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>>
>> > @Adrián @Solla
>> > En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
>> > que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que
>> > sería moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando
>> > algún
>> > artigo ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que
>> > sabemos, cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós
>> > sabedes. Eu non)
>> >
>> > Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)
>>
>> Facer unha documentación para que as persoas poidan comprender os
>> “instrumentos” do Hunspell utilizados no hunspell-gl non é tarefa difícil,
>> mesmo podo facelo eu. Cun par de parágrafos calquera persoa pode ler o
>> .aff e
>> engadir ou quitar vocabulario do .dic.
>
> Nada é obvio en por si. Se se explica mellora tamén a calidade dos que
> poidan colaborar: menos medo e colaboracións máis produtivas.
>
>>
>> Agora si, o que está feito no .aff de
>> sufixación verbal paréceme moito para entendelo, e por tanto moito para
>> explicalo ─vamos, que se alguén quere editar sobre o traballo de Miguel
>> fai
>> falla estudalo ben a fondo, eu nin o intentarei mentres poida evitalo :)─.
>
> Se Miguel é xa un mestre nese tema é porque lle dedicou moitísimas horas e
> rompeu a cabeza con iso. Probablemente lle tería sido máis levadeiro de
> contar con documentación, aínda que fose en galego :-D. Cousa que me
> preocupa pensando no futuro, xa que ningún dos que traballaron nisto a
> produciron ata agora. Mesmo con documentación a cousa non é ningunha broma.
> De aí a miña insistencia.
>
>>
>> Este verán, en canto remate os exames, a ver se consigo algunha vía de
>> comunicación rápida cos desenvolvedores do Hunspell (espero que teñan
>> algunha
>> canle IRC). A pesar de ser unha boa aplicación nótolle certas carencias,
>> xa
>> non só o das suxestións con varias palabras, ou o das abreviaturas. A ver
>> se
>> falando con algún dos desenvolvedores ou dos que utilizan a tecnoloxía
>> podo
>> descubrir algún xeito alternativo ─truco─ para solventar ditas carencias.
>
> Pásate por BrOffice.org, que co seu Vero (de verificador) xa teñen
> corrección de palabras con prefixos e outras cousas que aquí andamos a
> buscar.
>
>>
>> En fin, Antón, se no blogue podes colgar os ficheiros separados (ademais
>> dos
>> paquetes para o OpenOffice) se cadra o podemos utilizar como servidor
>> principal (vamos, como referencia, «a última versión é a do blogue»), e os
>> cambios podemos enviarchos mediante parches previa discusión na rolda.
>>
> Podedes contar con iso. Xa se está facendo. E, como coordinador volo digo,
> tamén vos podedes dar de alta e facervos editores neste aspecto no blog que
> xestiono.
> Sobre as futuras melloras puntuais seguramente sería conveniente tirar do
> Redmine (sistema de tiques) que para iso está. Outra cousa é presentar
> materiais con vistas aos usuarios e como arquivo. Naturalmente estou poñendo
> o carro diante dos bois porque eu non xestiono o Redmine nin ningún dos
> recursos de Trasno.
>
>>
>> E o da documentación sobre o Hunspell, pois non me importaría facer unha
>> que
>> polo menos ocupase as partes do Hunspell utilizadas no hunspell-gl. Pero
>> coido
>> que sería mellor formato un wiki. O mesmo me dá utilizar o de Trasno que o
>> do
>> Galilibros (aínda que por non ser algo ligado directamente á tradución,
>> case
>> preferiría este último, que ademais ben lle veñen os contidos).
>>
>
> Como vexas. O proxecto de galeguización de OpenOffice.org abrangue tanto a
> localización como a creación e xestión de recursos lingüísticos que sexan
> útiles. Se o metes nunha wiki, ligarei os contidos cando corresponda.
> Aproveito para dicir que estou creando-probando unha versión beta dun
> dicionario de sinónimos con vistas á versión 3.3. O obxectivo é ter un
> dicionario de sinónimos para unhas 15000 palabras frecuentes. Nunca antes.

Ide pensando en como facer que a nova versión do hunspell-gl se vaia
integrando nas diferentes distros.

Isto dos sinónimos era o tesauro, non?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a