Ben, estaba escribindo un artigo na Galilibros sorbe «Formación e orientación 
laboral» ─concretamente sobre apagar incendios─ cando me atopei cunhas 
palabras que o hunspell-gl non dá por correctas e que non sei como se din en 
galego:

halón(s), halotrón(s), e tribromoflúor.

As dúas primeiras supoño que sería cousa de investigar se son válidas ou non 
(alguén sabe?).

Respecto á última, supoño (non son de Química, e o pouco que sei preferiría 
esquecelo :P) que é correcta e que como ela hai outras e que se forman 
seguindo unhas regras concretas. Regras de química. Así que se alguén me 
confirma que ela (e palabras similares) son correctas (que non hai que 
separalas con guións ou algo parecido, “tri-bromo-fluor”), a ver se despois 
dos exames lle boto unha ollada ao tema.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a