> son un usuario de debian dende fai tempo, e sempre me gustou poder
> escoller "galego" dende case o principio de todo. Por eso, ainda que xa
> levaba tempo pensando en participar en esto en algún momento, me decidín a
> entrar agora que a opción de galego corre perigo de non estar presente en
> Squeeze.

Interesante motivación. Ao mellor debiamos por en perigo algunha outra 
distro... XD

> Ainda que me gustan as linguas en xeral, e o galego en particular, non son
> un experto nin nada que se lle pareza. Nin sequera son de letras, son
> programador. Así que a ver cómo se me da esto.

É o caso de gran parte dos “trasnegos” o de non ser lingüistas.

> Polo de agora estou lendo a información que tendes na páxina trasno.net,
> despois tentarei comenzar a traducir e seguramente volva a vós para pedir
> opinión e consello.

Ti asegúrate de usar un corrector e pregunta canta dúbida che pase pola 
cabeza.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a