> Atopei tamén "América do sul". Ó parecer eso é así en portugués, pero non
> atopei 'sul' en ningún diccionario galego. Esto está así por algunha razón?
> podo cambialo por 'sur' sen que ninguén me diga nada?

Eu creo que é «América do sur», e se alguén che di algo que sexa el o que che 
forneza unha fonte verídica ao respecto.

> Por último (polo de agora) hai un campo que di: "unusable", con comentario
> que di que está limitado a oito caracteres. Puxen "inusable", inda que non
> está no diccionario. Non se me ocorreu nada mellor.

Sen un contexto é difícil propor alternativas, pero cun límite de oito 
caracteres máis difícil será atopar unha tradución axeitada, independentemente 
do contexto.

> E pregunta extra, esta técnica: as liñas cos textos anteriores nas cadeas
> marcadas como 'fuzzy' (que empezan por #| msgid "...") deberían ser
> borradas? Saúdos.

En principio o mellor é deixalas, dado que podería ser que unha cadea volvese 
a utilizarse ─ou unha similar─, e coido que as liñas comentadas se utilizarían 
automaticamente. Pero mellor que o confirme/negue alguén que o saiba de 
verdade.

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a