Eu esperaría.
As regras de sufixación actuais están incompletas e, algunhas delas, son
completamente falsas:
- Forma mal os femininos de palabras que rematan -ún. Ex:sobre vacún forma
un falso feminino *vacua no canto de vacúa.
- Engade formas inexistentes no plural das palabras que rematan en -il. Ex:
admite cadrís como plural de cadril, pero tamén forma un plural inexistente
cadriis.
- E unha chea de imprecisións máis (dobres plurais inexistentes, non se
contemplan plurais irregulares nin femininos atípicos, regras inadecuadas
para o plural de palabras que rematan en -s...).
Eu aínda estou comezando, pero xa avancei bastante na formación do feminino
(falta o plural e a anotación morfolóxica): afortunadamente as regras de
afixación para a flexión nominal son moi poucas, pero o dicionario é
realmente grande. Espero non tardar moito en ter unha versión que se
comporte axeitadamente.
Despois de que exista esta versión, sería o momento de ampliar (mellor con
dicionarios separados de especialidade).

2010/6/23 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> A bomba!!. Alégrame escoitar isto.
>
> Btw, se de verdade hai interese en manter o diccionario aquí adiante.
> Preguntarei como está o tema en Mancomun e se non hai problema levamos o
> diccionario tal como se levaria o desenvolvemento de software: repo en git,
> pex, versións de proba...lanzamentos.
>
> Que vos parece?.
>
> A min interesariame manter un dicionario de bioloxía e xeoloxía, pero
> teriadesme que explicar como facelo.
>
> 2010/6/23 Miguel Solla <brado...@gmail.com>
>
>> Miguel Solla para anton.santamar.
>> mostrar detalles 16 jun (hace 7 días)
>>
>> Envíolle unha copia da mensaxe que remitín ao enderezo de correo
>> electrónico que figura como contacto no sitio web do VOLG (
>> fg251...@usc.es), que veu devolta polo servidor.
>> Unha aperta.
>>
>> Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de facer un
>> baleirado a través da páxina web do VOLG de case todo o contido do
>> Vocabulario ortográfico da lingua galega para actualizar o ficheiro do
>> dicionario do verificador ortográfico hunspell para a lingua galega.
>> Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro próximo o
>> mantemento do verificador vaia caer en mans do Proxecto Trasno (
>> http://www.trasno.net/) e, no canto de andar a actualizar as eivas do
>> dicionario actual cada vez que un/ha usuario/a detecta que falta algún lema,
>> propúxenme, durante os meses vindeiros, actualizar, de vez, o conxunto do
>> dicionario. A idea é, máis ou menos, a seguinte:
>> 1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregaría o dicionario
>> e as regras de afixación que desenvolvín en 2008-2009 (o seu comportamento
>> descríbese no primeiro número da revista Linguamática,
>> http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e facer
>> un baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. A
>> actualización intentaría fornecer o verificador de análise morfolóxica con
>> todas as clases de palabra. Os termos marcados como incorrectos
>> empregaríanse para facer regras de suxestión de termos correctos.
>> 2. Nunha segunda fase, empregaríanse os sinónimos que ofrece o VOLG para
>> facer un thesaurus para o OpenOffice e trataríanse de mellorar as regras de
>> afixación existentes (contemplar o superlativo sintético de adxectivos en
>> -ísimo, crear regras para algúns prefixos e sufixos...).
>> Todos os ficheiros aos que me referín distribuiríanse (indicando, por
>> suposto, a súa procedencia) baixo os termos da licenza GPL, por iso a miña
>> consulta: non sei se un baleirado da páxina web incumpre dereitos de autor
>> ou dereitos de calquera outro tipo ou algunha licenza. En todo caso,
>> diríxome a vostedes para saber a súa opinión sobre a viabilidade de levar a
>> cabo o que propoño.
>> Un saúdo.
>>
>>  Responder
>>
>> Reenviar
>>
>>
>>
>>
>> Responder
>> |
>>  Antón Santamarina para usuario
>> mostrar detalles 08:29 (hace 4 horas)
>>
>> Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a autorización
>> para usalo nas condicións que indicas.
>>
>> Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha palabra pero son
>> moi poucas (supoñendo que fosen 12, sería o 0,02%, que non afecta gran cousa
>> a funcionalidade do vocabulario)
>>
>> Antón Santamarina
>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a