2010/6/23 Miguel Solla <brado...@gmail.com>
>
> 2010/6/23 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>
>> 2010/6/23 Miguel Solla <brado...@gmail.com>
>>>
>>> Miguel Solla
>>>
>>>  para anton.santamar.
>>> mostrar detalles 16 jun (hace 7 días)
>>> Envíolle unha copia da mensaxe que remitín ao enderezo de correo 
>>> electrónico que figura como contacto no sitio web do VOLG 
>>> (fg251...@usc.es), que veu devolta polo servidor.
>>> Unha aperta.
>>>
>>> Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de facer un 
>>> baleirado a través da páxina web do VOLG de case todo o contido do 
>>> Vocabulario ortográfico da lingua galega para actualizar o ficheiro do 
>>> dicionario do verificador ortográfico hunspell para a lingua galega.
>>> Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro próximo o 
>>> mantemento do verificador vaia caer en mans do Proxecto Trasno 
>>> (http://www.trasno.net/) e, no canto de andar a actualizar as eivas do 
>>> dicionario actual cada vez que un/ha usuario/a detecta que falta algún 
>>> lema, propúxenme, durante os meses vindeiros, actualizar, de vez, o 
>>> conxunto do dicionario. A idea é, máis ou menos, a seguinte:
>>> 1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregaría o dicionario e 
>>> as regras de afixación que desenvolvín en 2008-2009 (o seu comportamento 
>>> descríbese no primeiro número da revista Linguamática, 
>>> http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e facer un 
>>> baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. A 
>>> actualización intentaría fornecer o verificador de análise morfolóxica con 
>>> todas as clases de palabra. Os termos marcados como incorrectos 
>>> empregaríanse para facer regras de suxestión de termos correctos.
>>> 2. Nunha segunda fase, empregaríanse os sinónimos que ofrece o VOLG para 
>>> facer un thesaurus para o OpenOffice e trataríanse de mellorar as regras de 
>>> afixación existentes (contemplar o superlativo sintético de adxectivos en 
>>> -ísimo, crear regras para algúns prefixos e sufixos...).
>>> Todos os ficheiros aos que me referín distribuiríanse (indicando, por 
>>> suposto, a súa procedencia) baixo os termos da licenza GPL, por iso a miña 
>>> consulta: non sei se un baleirado da páxina web incumpre dereitos de autor 
>>> ou dereitos de calquera outro tipo ou algunha licenza. En todo caso, 
>>> diríxome a vostedes para saber a súa opinión sobre a viabilidade de levar a 
>>> cabo o que propoño.
>>> Un saúdo.
>>>
>>> Responder
>>> Reenviar
>>>
>>>
>>>
>>> Responder
>>> |
>>>
>>> Antón Santamarina
>>>
>>>  para usuario
>>> mostrar detalles 08:29 (hace 4 horas)
>>>
>>> Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a autorización 
>>> para usalo nas condicións que indicas.
>>>
>>> Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha palabra pero son 
>>> moi poucas (supoñendo que fosen 12, sería o 0,02%, que non afecta gran 
>>> cousa a funcionalidade do vocabulario)
>>>
>>> Antón Santamarina
>>
>> A bomba!!. Alégrame escoitar isto.
>> Btw, se de verdade hai interese en manter o diccionario aquí adiante. 
>> Preguntarei como está o tema en Mancomun e se non hai problema levamos o 
>> diccionario tal como se levaria o desenvolvemento de software: repo en git, 
>> pex, versións de proba...lanzamentos.
>> Que vos parece?.
>> A min interesariame manter un dicionario de bioloxía e xeoloxía, pero 
>> teriadesme que explicar como facelo.
>
> Eu esperaría.
> As regras de sufixación actuais están incompletas e, algunhas delas, son 
> completamente falsas:
> - Forma mal os femininos de palabras que rematan -ún. Ex:sobre vacún forma un 
> falso feminino *vacua no canto de vacúa.
> - Engade formas inexistentes no plural das palabras que rematan en -il. Ex: 
> admite cadrís como plural de cadril, pero tamén forma un plural inexistente 
> cadriis.
> - E unha chea de imprecisións máis (dobres plurais inexistentes, non se 
> contemplan plurais irregulares nin femininos atípicos, regras inadecuadas 
> para o plural de palabras que rematan en -s...).
> Eu aínda estou comezando, pero xa avancei bastante na formación do feminino 
> (falta o plural e a anotación morfolóxica): afortunadamente as regras de 
> afixación para a flexión nominal son moi poucas, pero o dicionario é 
> realmente grande. Espero non tardar moito en ter unha versión que se comporte 
> axeitadamente.
> Despois de que exista esta versión, sería o momento de ampliar (mellor con 
> dicionarios separados de especialidade).

Son moi boas novas. A ver se agora damos aclarado o resto.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a