Eu até a última versión do GNOME estaba traducindo directamente como
locale, pero logo vin no portugués do Brasíl unha solución elegante e
axeitada

locale -> "Configuración rexional"

Saúdos

O Mér, 23-06-2010 ás 00:48 +0200, Jorge Barreiro escribiu:
> Boas,
> 
> hoxe púxenme á faena e veño con unhas cantas dúbidas.
> 
> Unha das tarefas do instalador de debian é configurar as locales. Que non 
> soupen como traducir, así que o deixei como 'locale'. Lendo as traducións xa 
> feitas vin que en certos contextos se pon como 'configuración local', algo 
> que na maioría de estos contextos non parece todo o preciso que debería ser. 
> Que opinades?
> Decidín por agora usar 'locale' ( e usalo e feminino, que nas traducións 
> existentes tampouco había consenso).
> 
> Atopei tamén "América do sul". Ó parecer eso é así en portugués, pero non 
> atopei 'sul' en ningún diccionario galego. Esto está así por algunha razón? 
> podo cambialo por 'sur' sen que ninguén me diga nada?
> 
> Por último (polo de agora) hai un campo que di: "unusable", con comentario 
> que 
> di que está limitado a oito caracteres. Puxen "inusable", inda que non está 
> no diccionario. Non se me ocorreu nada mellor.
> 
> E pregunta extra, esta técnica: as liñas cos textos anteriores nas cadeas 
> marcadas como 'fuzzy' (que empezan por #| msgid "...") deberían ser borradas?
> Saúdos.
> 
> O Xoves, 17 de Xuño de 2010 ás 12:09:15 Leandro Regueiro escribiu:
> > 2010/6/17 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> > > 2010/6/17 Antón Méixome <cert...@certima.net>
> > >
> > >> 2010/6/16 Jorge Barreiro <yortx.ba...@gmail.com>
> > >>
> > >>> Ola a todos,
> > >>>
> > >>> son un usuario de debian dende fai tempo, e sempre me gustou poder
> > >>> escoller "galego" dende case o principio de todo. Por eso, ainda que xa
> > >>> levaba tempo pensando en participar en esto en algún momento, me
> > >>> decidín a
> > >>> entrar agora que a opción de galego corre perigo de non estar presente
> > >>> en Squeeze.
> > >>>
> > >>> Ainda que me gustan as linguas en xeral, e o galego en particular, non
> > >>> son un
> > >>> experto nin nada que se lle pareza. Nin sequera son de letras, son
> > >>> programador. Así que a ver cómo se me da esto.
> > >>
> > >> Daráseche ben, respecto da lingua tes en Trasno o apoio que precises.
> >
> > Como xa che comentaron a maior parte da xente de Trasno non é de letras.
> >
> > >>> Polo de agora estou lendo a información que tendes na páxina
> > >>> trasno.net, despois tentarei comenzar a traducir e seguramente volva a
> > >>> vós para pedir opinión e consello.
> > >>>
> > >>> Si alguén máis quere colaborar na tradución de debian (lin por ahí que
> > >>> sí)
> > >>> podemos coordinar esforzos, se non tentarei comenzar eu só.
> > >>
> > >> Seguro que cun pouco de tempo haberá máis xente que se anime. Ademais de
> > >> traducir vas ter que asumir o labor de reclutar máis voluntarios :-)
> > >>
> > >> Benvido e boa faena.
> > >
> > > Benvido ao grupo Jorge,
> > >
> > > únome aos ánimos de todos, pola miña parte simplemente recordar que podes
> > > consultar calquera dúbida por esta rolda.
> >
> > Eu sempre tiven ganas de meterme en Debian, pero a falta de tempo e
> > que houbera outra xente xa traballando por alí fixo que nunca me
> > puxera a elo.
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
> 
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a